Carlos Solla será o escritor encargado da benvida ao Alba de Gloria 2015 no Pico Sacro

5932796_origA federación GALIZA CULTURA, a través das Asociacións Vagalumes e O Galo, vén celebrando este acto de irmandade entre natureza e cultura desde que se conmemorou no 2011 o 125 aniversario de Castelao co total desprezo por parte da Xunta e demais institucións galegas. O acto consiste na lectura pública do ALBA DE GLORIA de Castelao desde o cumio do Pico Sacro, espazo simbólico no que a terra se fai espírito e que a cultura do noso pobo recubriu de significados ao longo dos séculos. Rememoramos á xeración do Seminario de Estudos Galegos que reparou neste lugar emblemático, visitou e estudou, amosando unha actitude intelectual de interese e respecto polo propio que contrasta cos valores que agora se están a transmitir de fascinación provinciana polo alleo.

Seguimos a estela de Castelao quen acudiu en peregrinación até este lugar no 1925, cando unha ditadura impedía celebrar como se debera a festa nacional, e volveu imaxinariamente sobre el, desde o exilio, ao construír unha das súas pezas ensaísticas e literarias máis profunda, o “Alba de gloria”, discurso de celebración do día da patria galega. Para el era un lugar no que a resistencia do terreo a ser estepa, inspiraba a quen
acreditaba en que o noso ser diferencial non ía ser borrado pola enxurrada reaccionario de entón. Por iso queremos render homenaxe a Castelao as asociacións culturais galegas porque queremos volver sobre os seus pasos físicos e intelectuais e homenaxear a este creador comprometido co seu pobo. Lembrar e retomar unha tradición que apesares das Sigue leyendo →

Publicado en Asociacións, Portada | Deja un comentario

O BNG presentará por urxencia a moción de apoio ao sector lácteo

BNG1Magariños “nas visitas que estamos a facer entre o sector atopámonos cunha situación moi crítica e dramática”

O concelleiro do BNG, Xosé Magariños, vén de informar que presentará por urxencia a moción anunciada a semana pasada en apoio ao sector lácteo. O concelleiro nacionalista informou que “tomamos esta medida logo das visitas que estamos a facer entre os gandeiros e gandeiras estradenses para levarlles a moción coas nosas propostas para o sector e comprobar de primeira van, que estamos ante unha situación moi crítica para o sector lácteo galego e dramática a nivel persoal e familiar”.

“Nestas visitas atopámonos con gandeiros e gandeiras”, engadiu Magariños, “que hai seis meses que non cobran polo que producen, tendo que afrontar dos seus aforros os custes de manter viva unha explotación gandeira, que non son pequenos”. “Estámonos atopando”, indicou o concelleiro do BNG, “con gandeiros e gandeiras que non saben se en agosto lle van recoller o leite, e se llo recollen serán a un prezo de auténtica miseria (0,18 céntimos),
mentres nos supermercados as industrias e as grandes distribuidoras da alimentación fanse ricos a costa dos gandeiros e gandeiras”.

O concelleiro nacionalista instou unha vez máis ao alcalde a “mollarse polo sector lácteo, Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

Atletismo A Estrada compiteu este fin de semana en Cuntis e Cambados

cambadosSe nota el período de vacaciones para todos, por lo que fue un fin de semana de poca participación atlética para el club, hubo camisetas rojas en Cambados y en Cuntis durante el domingo, con la presencia de seis estradenses representando al club.

En Cambados se disputó un 10.000 homologado por la Federación gallega de atletismo, gran nivel con los mejores atletas a nivel autonómico e incluso atletas y triatletas venidos de otros países.

Tres fueron los deportistas del equipo que tomaron parte en dicha carrera, el 1ro de los estradenses en cruzar la linea de meta fue Marcos Otero con un tiempo de 39:23 y siendo el 36 senior de la general; el 2do del club fue el recién incorporado a la disciplina, Miguel Maroño, que con un tiempo de 43:30 consiguió ser el 110 de los veteranos A; lo siguió muy de cerca Joaquín Barreiro, que finalizó como 17 en los veterano B con un tiempo final de Sigue leyendo →

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

Dono acusa ao alcalde de mentir ao electorado anunciando que non se subiría o soldo

O pasado venres o Secretario Xeral Socialista, Xosé Antonio Dono, facía valoración dos últimos acontecementos no noso Concello.

Entre outros temas falou das necesitades do centro de saúde estradense.

Tamén recalcou que se o alcalde cre que debe subirse o soldo debería acreditalo facendo públicos os seus ingresos antes de chegar ao cargo.

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

Sicixia rodouse na Rapa das Besdas da man de Ignacio Vilar

PELICULA SICIXIAIgnacio Vilar comezou a rodaxe da súa nova longametraxe SICIXIA* na tradicional Rapa das Bestas de Sabucedo.

Esta «historia para escoitar a vida na Costa da Morte” estará protagonizada por Monti Castiñeiras, Marta Lado, Sonia Castelo e Tamara Canosa. A historia contará con outro protagonista moi especial, a Costa da Morte, a través das súas paisaxes, as súas tradicións, a súa xente…

Co fin de captar a súa esencia, a rodaxe prolongarase ata abril de 2016. Con todo, por esixencias do guión, a primeira fase da rodaxe está a ter lugar na popular Rapa das Bestas de Sabucedo (A Estrada), unha festa que pola súa forza e carácter salvaxe serve de prólogo a unha historia de amor e desamor na Costa da Morte.

Finalmente, o emprego do cinema dixital neste proxecto permitirá ao director Ignacio Vilar experimentar con fórmulas narrativas innovadoras para que as nosas historias sigan a cautivar espectadores dentro e fóra das nosas fronteiras.
Enviámosvos algunhas imaxes da rodaxe.

PELICULA SICIXIA*SICIXIA: substantivo feminino -Astronomía. Posición do Sol, da Terra e da Lúa na que os seus centros están en liña recta.

SINOPSE:

Xiao é un enxeñeiro de son que recorre as vilas e lugares máis recónditos de Galicia na procura dos sons, das xentes e a natureza. Nesta viaxe coñecerá a Olalla, quen traballa na colleita de algas, e que espertará en Xiao a paixón pola vida, a terra e o salvaxe da Costa da Morte.

Vía Láctea Filmes

Publicado en Festas, Portada | Deja un comentario

Sabucedo sae á busca das súas bestas ó monte.

En representación da Asociación Rapa das Bestas, Rubén Díaz e Iván Sanmartín coincidiron á hora de salientar que dende a primeira hora de hoxe «o clima acompañou moito» para subir ao monte a buscar as bestas. De feito, cifraron en máis de 150 o número de persoas que subiron ao monte, entre aloitadores, veciños de Sabucedo, visitantes e profesionais gráficos de medios de comunicación de países como Bélxica, Portugal, Alemaña, Dinamarca, Polonia, Arxentina, Colombia ou Suecia.

En canto ao traballo de xuntanza das bestas, cifraron en arredor de 400 o número de reses reunidas no peche para baixalas mañá, arredor das 12.00 horas, ao recinto situado preto do Campo do Medio, antes de que comece o primeiro curro, previsto para as 19.00 horas.

Por outra banda, o ritmo de venda de entradas on line acelerouse nos últimos dous días e lévanse vendidas preto de 700, ás que hai que sumarlle as vendidas no teleclub. Sigue leyendo →

Publicado en Festas, Portada | Deja un comentario

Gala da Rapa 2015 en imaxes

Publicado en Portada | Deja un comentario