A Estrada segue en Festas

Aquí queda un resumo das variadas actividades destos días de Festa no noso pobo.

Festas San Paio 2015

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada Na Rede realizará a cobertura para Nós TV dende A Estrada

NOS TV LOGOFai uns días chegamos a un acordo coa canle Nós TV para realizar a cobertura do noso concello.

A partir de agora, ademais de funcionar como medio de información local na rede, proporcionarémoslle contidos a Nós TV para publicidade, reportaxes e informativos. O informativo local que aglutinará a máis concellos limítrofes comezarase a emitir a partir de setembro.

Aquí vos deixamos o primeiro traballo realizado, un anuncio das festas San Paio que leva emitíndose dende hai varios días.

Durante o verán a canle Nós TV estará a traballar para mellorar a sinal e poder chegar así a todos os estradenses.

Se na vosa zona non se visualiza correctamente, despois de volver sintonizar as canles, podedes notificárnolo no correo web@aestradanarede.net e trataremos de solucionalo.

Publicado en Empresas e Comercio, Portada | Deja un comentario

Xoves de Festas

E seguimos coas Festas de San Paio, nesta ocasión con actividades organizadas tanto pola comisión de festas como pola Asociación de comerciantes (ACOE). Un completo día de lecer para todos os públicos.

Publicado en Asociacións, Festas, Portada | Deja un comentario

Festa de San Antonio en San Xurxo de Vea

IMG_0037O sábado 13 de Xuño a parroquia de San Xurxo de Vea realizaba unha nova edición da festa de San Antonio, unha festa tradicional que se recuperou hai uns anos na que os veciños e veciñas se xuntaban para compartir un churrasco.

Como se facía nos seus inicios os convidados levan os seus pratos e cubertos e a organización encargase de poñer o menú. Nesta ocasión ademais de churrasco serviron empanada, polbo e postre.

Publicado en Asociacións, Portada | Deja un comentario

Primero día das Festas San Paio 2015

Deixamos aquí unha galería do primero día das Festas San Paio.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Pregón de inicio das Festas San Paio 2015, fogonazo.

O pregón de inicio das Festas San Paio, correu a cargo do coñecido Cándido Pazos que nos deleitou cun agarimoso pregón, acompañado polo alcalde de A Estrada, Don José López Campos, ó secretario xeral de Política lingüística, Don Valentín García e membros da Comisión de Festas San Paio, así como dos veciños e veciñas que se quixeron achegar a brindar con sidra estradense.

Publicado en Portada | Deja un comentario

López entende todas as partes no conflicto do cementerio

IMG_3251O pasado xoves o alcalde, Xosé López facíanos unha valoración dos últimos acontecementos da política local.

O rexedor anunciaba a retirada da praza provisional esperando rematar os traballos para o comezo das festas e falábanos no conflicto local pola ampliación do cementerio entre outros temas de actualidade.

No tocante ao cementerio, López, entende as posturas das partes implicadas, pero cre que como goberno debe estar do lado da maioría dos estradenses e autorizar a ampliación que conta con todos os informes favorables.

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario