No acto central de campaña Magariños contrapuxo o programa de fume do PP ao programa de medidas concretas do BNG
Hoxe o BNG-Asembleas Abertas da Estrada realizou o seu acto central de campaña na Sala Gradín, contando coa presenza de Tereixa Paz, deputada nacionalista no Parlamento Galego. Ademais de Xosé Magariños e da propia deputada, tamén interviron Susana Camba Castro, Constantino Regueira Paz, María Blanco Corral, Víctor Pousada López e Nieves García Pérez, membros da candidatura BNG-Asembleas Abertas da Estrada.
O candidato á alcaldía dos nacionalistas puxo en valor o traballo desenvolvido ao longo dos últimos catro anos. Xosé Magariños afirmou que “como oposición fomos, ou mellor dito fun (dado que o BNG tiña un só representante fronte a outras forzas que na oposición contaban con nove membros), a única forza que lle plantou cara ao PP; estivemos sempre loitando Sigue leyendo










































