A Estrada volve a sentir os aromas e sabores das mellores sidras feitas na comarca e noutras zonas sidreras de España. Será na IV edición da Feira da Sidra Natural e Ecolóxica, que se celebrará o sábado 6 de xuño na Estrada, dende as 12.00 horas.
A cita, organizada pola Asociación Maceira e Sidra de A Estrada, conta coa colaboración do Concello da Estrada e Xunta de Galicia, ademáis de firmas como o Banco Sabadell e Maeloc.
A IV Feria da Sidra Natural e Ecolóxica de A Estrada, TERÁ LUGAR O SÁBADO 6 DE XUÑO DE 2015, NA PRAZA DO CONCELLO EN A ESTRADA.
A Feira naceu como un vehículo para dar visibilidade aos produtores que recuperaron a tradición ancestral do cultivo da mazá e a producción de Sidra, que tradicionalmente se relaciona con comunidades como Asturias ou País Vasco, e sin embargo ten en Galicia
unha histórica tradición que se perdiera esquezida durante moitos anos e que dende hai varias décadas rexurdiu con forza.
Na IV edición, a Feira da Sidra, pretende constituirse como un referente rexional e nacional no que a produción de mazá, elaboración e exportación de Sidra se rifire e facer da Estrada, a referencia desta tradición recuperada e dunha actividade económica que comeza a ter una valor engadido máis aló do artesán e familiar.
De feito, moitas terras de labranza da comarca da Estrada, foron elexidas para instalar plantacións de ensayo de variedades de maceiras ou crear programas piloto de plantacións, gracias ao investimento de fondos europeos a través do proxecto Sigue leyendo →