Ofelia Lema defente o proxecto sólido de A Estrada Pode, o cal encabeza

A Estrada Pode 2A candidata á alcaldía por A Estrada PODE, Ofelia Lema Villar, segue a traballar xunto o equipo de candidat@s nun proxecto sólido que empondere á cidadanía e vele por ser garante dos verdadeiros intereses de cada veciño e veciña. A recuperación dos dereitos fundamentáis e de base, segue a ser a arteria principal de acción do colecitivo aepodense, quenes están a difundir por partes o programa co que concurrirán ós comicios do vindeiro maio.

Lema asegura que “estamos a traballar arreo por un proxecto cívico, cidadán, participativo, honesto e transparente”, do que comentou que “prioriza os intereses da cidadanía dende un punto de vista innovador, alonxado da política tradicional rancia, corrupta, oportunista e opaca”. En A Estrada PODE, asegura a cabeza de lista, “rexímonos
por un interese plural da cidadanía e alonxámonos do método obsoleto de facer política representando un modelo que está impulsado pola veciñanza e diríxese á mesma”.

En A Estrada PODE son coñecedores e coñecedoras da dureza de iniciar un proxecto dende a base, e da loita precisa para prantexar a súa verdadeira identidade: a alternativa sólida, efectiva e capaz para mudar a situación na vila estradense. Na xornada de hoxe, Lema Villar amosaba o seu contento de estar a recibir múltiples mensaxes e chamadas de apoio nas que veciños e veciñas de A Estrada transmitíanlle forzas e ánimos para seguir a liderar un proxecto que saben transgresor, íntegro e con posibilidades. A alcaldable por A Estrada PODE dixo estar “completamente inmersa e involucrada desta candidatura e traballando arreo cun equipo incríble de xente involucrada e preocupada pola restauración da titularidade do mando de gobernó ós veciños e veciñas da vila. Sigue leyendo →

Publicado en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada | Deja un comentario

A 4ª Feira de Labores e o 3º Encontro de Palilleiras do recinto feiral estradense vese respaldado por institucións i empresas españolas do sector textil

Feira oportunidades
Xunta de Galicia, Diputación Provincial de Pontevedra, Concello de A Estrada, Turismo Rías Baixas, Fundación Centro Galego da Artesanía e o Deseño, Axencia de Turismo de Galicia e AUSLAE, patrocinan o certame do recinto feiral estradense.

Diversas empresas privadas e fabricantes do sector textil español, únense ao patrocinio institucional: Hilogar Peña Sociedad Textil, Dollfus Mieg, Textil Juan Moragas, Manos Maravillosas, Alternativas Publicitarias, Compañía Sales Work Ibérica, Coats, Salvador Figueiras, Bordelay, Creaciones y Distribuciones Textiles Texper, e Gütterman.

cartel feira de labores 2015dCoas aportacións dos colaboradores e patrocinadores, confeccionaránse máis dun centenar de lotes promocionais que se sortearan gratuitamente entre as participantes no 3º Encontro de Palilleiras.

A data de hoxe, ainda sen pechar a inscripción no Encontro, xa se contabilizan unha treintena de Asociacións e colectivos galegos que participaran no mesmo.

Actualmente hai xa máis de duascentas palilleiras inscritas para o domingo, día dez de maio.

Coa presente edición, o recinto feiral estradense celebrará a 4ª edición da Feira de Labores, a 3ª do Encontro de Palilleiras e a 47ª Edición da súa consolidada e tradicional feira de Antigüidades e Artesanía. Ambos certames , celebraránse os próximos días nove e dez de maio, en horario ininterrumpido de dez a vinte horas, rexistrando entrado gratuita para todos os visitantes.

Ás aportacións e colaboradores, realizáronse en especie o que, permite ao equipo Sigue leyendo →

Publicado en Feiras, Portada | Deja un comentario

O Samaná acolleu un encontro de gandeiros organizado por A Estrada Pode

07O pasado mércores o restaurante Samaná acolleu un encontro de gandeiros organizado por A Estrada Pode.

Na charla actuaron como ponentes Xan Rodríguez Diz, experto en comercialización láctea, e Antonio Oca Fernández, axente de extensión agraria.

Os temas a tratar foron o fin das cuotas lácteas, a nova PAC e como mellorar a comercialización forestal.

 

Publicado en Agrogandeiros, Política, Portada | Deja un comentario

A Deputación aproba o proxecto do Centro de Atención ao Maior no Novo Mercado

Z:UrbanismoPrivadaOficina tecnicaDanielPROXECTOS5CASA DO A Xunta de Goberno do ente provincial acorda investir 240.000 euros para acondicionar un espazo de 752 metros cadrados no primeiro andar do edificio

 O prazo de execución das obras de reforma será dun máximo de seis meses

O alcalde da Estrada, José López, informa que a Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra aprobou na sesión celebrada esta mañá o proxecto do Centro de Atención ao Maior no primeiro andar do edificio do Novo Mercado, así como unha aportación de 240.000 euros para custear a totalidade da reforma do espazo.

José López sinala que este Centro de Atención ao Maior «completará o carácter polivalente do Novo Mercado» e «axudará a suplir unha das carencias existentes na Estrada dende hai moitos anos, como é a dispoñibilidade dun espazo de convivencia para os nosos maiores cun enfoque asistencial pero tamén lúdico».

En canto ao proxecto, o alcalde salienta que o centro ocupará unha superficie de 752 metros cadrados (incluida unha terraza de 107,2 m2) e disporá de zona de recepción, dirección, administración, aseos, patio común, despachos e tres salas para actividades, tendo a máis grande delas unha superficie de 161 m2. Sigue leyendo →

Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

O BNG cre que "O alcalde non confía nas súas posibilidades de revalidar o cargo"

IMG_3861A decisión de levar ao último pleno a RPT e a ampliación da Alameda, son síntoma de que o PP dá por perdida a alcaldía e toma decisións á desesperada para contentar a uns poucos

O concelleiro do BNG e candidato á alcaldía, Xosé Magariños, advirte que “o alcalde e o PP están tomando decisións á desesperada, de terra queimada, ante a inminente perda do
goberno municipal a partir do 24 de maio”.

“O alcalde non debe confiar nas súas posibilidades de revalidar o cargo”, engadiu o concelleiro nacionalista, “só así se entende que o PP leve ao último pleno do mandato asuntos da importancia e do calibre da RPT e a amplicación da alameda, ou teña decidido aprobar a licenza de obra do controvertido cemiterio de Figueiroa”. “O alcalde ten perdida a alcaldía, e sábeo”, afirmou Magariños, “por iso á desesperada tenta contentar a todos para o final non contentar a ninguén, e o que é peor, que ao final serán as veciñas e veciños o que paguemos pola súa irresponsabilidade”.

“Así por exemplo, non é de recibo que leve ao pleno unha RPT en contra de todos os traballadores e traballadoras do concello e con informes en contra da secretaria e a interventora do concello”, explicou o concelleiro nacionalista, “unha decisión como esta, que afecta a un amplo colectivo humano debería ser consensuada cos seus representantes e non só cos amigos”. Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

Este venres comezan as rutas de primaveira da Fervenza de Ouzande

rutas primavera 2015 webEste venres, 1 de maio, iníciase o programa Imos Andar, promovido pola Fervenza de Ouzande, coa Ruta do Río Gallo.

A seguir achégolle todos os datos da mesma e infórmolle que a actividade só se suspenderá en caso de que as condicións climatólóxicas impidan completamente o desenvolvemento da mesma.

Datos:
Saída: 10 da mañá.
Chegada: 13:30
Lugar: Igrexa de Ouzande

Dificuldade media baixa.
Distancia: 12 km
Recoméndase levar un bo calzado de ruta, así como roupa apropiada para a chuvia, e atender ás previsións meteorolóxicas.

Puntos de Interese

*- Fonte do Redondo.* Perto da saída atravesaremos o fermoso contorno da Fonte do Redondo, en Ouzande, onde a auga abrolla directamente desde o chan *.*

*- Montes de Ouzande. *O percorrido inclúe na súa primeira parte camiños a través dos montes da parroquia, onde se combinan masas de árbores autóctonas, de extraordinaria beleza, con outras de coníferas e foráneas. Sigue leyendo →

Publicado en Asociacións, Deportes, Portada | Deja un comentario

Comerciantes de la calle Calvo Sotelo se unen a los de calle Ulla contra la peatonalización

07-7Comerciantes de la calle Calvo Sotelo, entre ellos, varios socios de ACOE, secundan la iniciativa de sus homólogos de la Calle Ulla y presentan  por registro en el Ayuntamiento y en ACOE un escrito indicando su disconformidad con la peatonalización de dicha calle.

Publicado en Empresas e Comercio, Portada | Deja un comentario