As políticas activas de vivenda serán a prioridade número un do novo urbanismo alternativo, que pechará o actual ciclo especulativo, destructor da paisaxe urbana e rural do noso concello.
«Os recursos públicos priorizarán os incentivos á rehabilitación do parque de vivendas actual, tanto na vila como no rural; tanto para a venda como para o alugueiro», declarou a candidata á alcaldía, Ofelia Lema, «o cal traerá como consecuencia postos de traballo para empresas e autónomos locais, e non beneficios para grandes grupos inmobiliarios foráneos ou o destrución do comercio local».
«Paralelamente a estas medidas, procedederemos á cancelación inmediata das contas municipais nos bancos que desafiúzan a xente e a expulsan das súas vivendas», engadiu a número un de AE PODE, «e priorizaremos as relacións financeiras con entidades que teñan como principio a banca ética», concluíu.
A acción de goberno da candidatura veciñal prevé paralizar inmediatamente todas as accións urbanísticas que estean desviando cartos públicos para intereses particulares en contra do interese xeral.
A candidata á alcaldía pola plataforma veciñal A Estrada Pode avanzou hoxe as liñas mestras e medidas urxentes en materia de urbanismo que esta formación executará nos primeiros días de goberno municipal. A prioridade número un desas medidas serán as persoas, sobre todo aquelas máis carenciadas, e a efectivización do seu dereito constitucional a unha vivenda digna. Para iso, Ofelia Lema explicou que, «é preciso pór fin ao actual ciclo especulativo que o Partido Popular deseñou para A Estrada nos seus sucesivos gobernos locais e cuxas consecuencias están ben á vista: destrución da paisaxe urbana e rural, demolición de elementos arquitectónicos emblemáticos na nosa historia local, fomento da burbulla especulativa que acabou por rebentar e traer a Sigue leyendo →