Esta tarde terá lugar o desfile e concurso de disfraces suspendio o luns por mor da choiva

img_6941Esta tarde ás 17:00 horas terá lugar o desfile e concurso de disfraces que se ía celebrar o pasado luns. O recorrido será o habitual partindo do campo da feira e rematando na praza do concello onde se coñecerá os gañadores do concurso.

E para finalizar o entroido no noso o concello o sábado será o turno da parroquia de Arnois que pola tarde celebrará os encontros de Xenerais do ulla.

img_6149Xa o domingo a vila acollerá o entroido tradicional aprazado o martes polo mal tempo, con desfile de carrozas e comparsas das parroquias e o encontro dos Xenerais do Ulla. Este ano ao cambiar o día, e coincidir coa celebración das feiras de oportunidades e antigüidades no noso municipio, o alto dos Xenerais terá lugar no recinto feiral en vez de na praza da feira como viña sendo habitual. Por mor deste cambio o recorrido do desfile será o seguinte: saída ás 16:00 horas da praza da feira, Porta do Sol, rúa Calvo Sotelo, Praza da Farola, rúa da Peregrina, América, Avda. de Santiago, rúa da Cultura e Fundación de Exposicións e Congresos.

Redacción e fotografía: Iria Eiras

 

Publicado en Festas, Portada | Deja un comentario

María Martínez Otero, distinguida có Premio Honorífico ao Labor das Mulleres da Estrada

Esta noite ás 20:30 horas o Museo do Moble e da Madeira acollerá á entrega do Premio Honorífico ao Labor das Mulleres da Estrada, que nesta segunda edición recaeu a título póstumo na empresaria estradense María Martínez Otero. O acto contará coa presenza do alcalde da Estrada, José López Campos, e con familiares da distinguida. Asimesmo, haberá varias actuacións musicais a cargo de estudantes do Conservatorio da Estrada.

• O xurado valorou o seu traballo para poñer en marcha unha empresa pioneira, xeneradora de emprego e que leva polo mundo o nome da Estrada mentres educaba aos seus fillos.

A empresaria estradense María Martínez Otero (Callobre, 1905-2000) será distinguida, a título póstumo, co Premio Honorífico ao Labor das Mulleres do Concello da Estrada, segundo decidiu o xurado da segunda edición deste galardón ben entrada a noite do venres. Deste xeito, María Martínez toma o testemuño de María del Carmen Zamar, tamén empresaria, do sector da panadería, que gañou este galardón na súa primeira edición. Sigue leyendo →

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

Esta tarde abrirá las puertas la 4ª Feria de Oportunidades del Comercio y la 43ª edición de la Feria de Antigüedades y Artesanía.

20140306_111544COMERCIO, ANTIGÜEDADES Y ARTESANÍA, INAUGURAN EL CALENDARIO FERIAL DEL RECINTO ESTRADENSE.

  • El recinto ferial estradense, abre hoy sus puertas al público a las cuatro de la tarde.
  • La inauguración oficial del certamen, se producirá a las seis de la tarde y estará presidida por la Directora Xeral de Comercio, en representación del ejecutivo autonómico.
  • Sol María Vázquez Abeal, Directora Xeral de Comercio, llegará a las diecisiete horas al recinto para disertar sobre “Comercio: Regulación e novos retos”.
  • Entrada gratuíta para los visitantes y sorteo de cinco vales de compra, son alicientes para atraer al público.
  • Ochenta firmas presentes en la muestra, cuatro pabellones y más de 7.400 m2 de espacio expositivo, es con lo que se sorprenderán los visitantes.
  • Pasarela de moda, más de cuarenta modelos sobre la pasarela, actuaciones artísticas y demostraciones en vivo y en directo, son otros de los atractivos y reclamos del certamen.
  • El entroido 2014, con sus comparsas, carrozas, correos y generales, llegarán al recinto ferial el domingo a las seis de la tarde.

El recinto ferial estradense, inaugura hoy su calendario ferial con la celebración de la 4ª Feria de Oportunidades del Comercio y la 43ª edición de la Feria de Antigüedades y Artesanía. Sigue leyendo →

Publicado en Feiras, Portada | Deja un comentario

Programa Entroido 2014

Cartel Xenerais da Ulla 2014 29X452014-02-22 11.55.11

*OUZANDE FAXION WEEK*

A semana da MODA EN OUZANDE. Hai que irse preparando porque este antroido a parroquia ponse de etiqueta: top model, príncipes e raíñas, famoseo, drags queens, paparazzis, seguratas, e a tendencia deste ano: as KATIUSKAS…

*Sábado 1 de marzo 2014*

A partir das 16:30 da tarde concentración de disfraces no Campo da Festa. A continuación, o escenario-tractor OUZANDE FAXION WEEK percorrerá os lugares da parroquia. Non faltarán *as cegas do Antroido que, un ano máis recitarán as súas coplas, que non esquecerán os acontecementos da parroquia nin tampouco a actualidade en xeral*.

Horario aproximado:

17:00 da tarde: saída do campo

17:10: O Tallo

18:00: O Castro

18:15: O Picoto e o Redondo

18:35: Alemparte e O Formigueiro

19:00: O Topete

19:15: Taberna

E como remate a partir das 19:30 da tarde, *merenda e gran festa de disfraces no local social*. Pase de modelos, PHOTOCALL DE FAMOSEO, DJ´S….. e moita festa. Merenda de antroido para recuperar forzas, e todo de balde e para todos e todas.

NOTA IMPORTANTE: EN CASO DE CHUVIA, COMO INDICAN AS PREVISIÓNS, NON SE REALIZARÁ O PERCORRIDO EN TRACTOR POLA PARROQUIA. OS PARCICIPANTES PERMANECERÁN NO LOCAL QUE SERÁ ENGALANADO PARA A CELEBRACIÓN DO OUZANDE FAXION WEEK.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

O XIRIMBAO.

XIRIMBAOMAIO12 637 copiaA ponte colgante de O Xirimbao, en Pontevea, A Coruña, é o atractivo principal dunha zona donde o río Ulla é o principal protagonista. Une o concello de A Estrada (Pontevedra) coa provincia de A Coruña, por Pontevea. Antiguamente usabase para cruzalo río Ulla e como dato histórico sinalaremos que foi o lugar donde Franco pescaba salmóns.
Aínda que hoxe en día é lugar de paso para os pescadores, cruzar a ponte colgante convirtese en toda unha aventura para aqueles amantes do risco.
Dispón dunha pasarela metálica é está atirantado, pero a súa pouca estabilidade conxugada coa súa altura non é apta para todos os corpos.
Publicado en Percorrendo Galicia | Deja un comentario

Hoxe a ACOE elixirá nova directiva

Na reunión levada a cabo pola Xunta Directiva o día 4 de febreiro de 2014, acordouse convocar ós asociados nunha Asamblea Xeral, que terá lugar o próximo día  Xoves 13 de Febreiro ás 20:30h en primeira convocatoria e ás 21:00h en segunda convocatoria na Sala de Exposicións de Nova Galicia Banco, na rúa Calvo Sotelo Nº5.

Todolos interesados en presentar candidatura para directiva da Asociación poden facelo poñendose en contacto ca Asociación, ou no mesmo día da Asamblea.

Orden do día:

– Lectura e aprobación da acta da Asamble Xeral anterior.

– Balance Contable ano 2013.

– Proxecto Subvención da Xunta.

– Elección da Xunta Directiva

– Rogos e Preguntas

Publicado en Asociacións, Portada | Deja un comentario

VIRXE DA ROCHA, BAIONA

IMG_1697 copia Obra do inxenieiro Laureano Salgado Rodríguez comenzou a contruirse no ano 1910, data na que  se coloca a primeira pedra da monumetal escultura.

No seu interior introduceuse unha caixa que conten duas monedas de ouro, duas de plata, e duas de bronce. Izándose 100 metros sobre o nivel do mar e medindo aproximadamente 15 metros inaugurouse no ano 1930 cunha grande festa que aínda hoxe en día se sigue a celebrar ao pé da escultura.

De pedra toda ela, agas a cara e as mans que son de marmol, a súa coroa é de azulexos e pedra.

Sigue leyendo →

Publicado en Percorrendo Galicia | Deja un comentario