El pasado fin de semana se convirtió para Atletismo A Estrada en un fin de semana de "fiesta" y éxitos!

friol 035Nos sirvió el sábado en horario de mañana, en las pistas de Atletismo del Estadio Gregorio Pérez Rivera, para que Xana Gómez y Antía Paz mejorasen sus marcas personales en los 200 y 300 metros lisos respectivamente de la I Jornada del IV Trofeo Copa Diputación. Alrededor de las 12:00 se dió la salida a los 200 metros lisos en los que nuestra Juvenil, Xana Gómez, se marcó un tiempo de 28.73 segundos y el 3er puesto de su serie y mejor 3er tiempo de la jornada. Por su parte la cadete Antía Paz mejoró su crono hasta pararlo en los 50.91 segundos. Por la tarde en el concello de Rábade segunda alegría del día, segundo puesto y por lo tanto podium en su categoría de veterana femenina para Isabel Saez. Isa completó la distancia de 7km en 28 minutos y 24 segundos para finalizar en el puesto 138 de la general, la acompañó José Rosende que con un tiempo de 27 minutos y 12 segundos finalizó como el 86 de la general y el 20 veterano masculino. Sigue leyendo →

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

Esta tarde o Vasán Cubik Seguros enfróntase ao Burela FS "B", rival directo polos postos altos da táboa

Vasan cubikÁs 19:00 horas o Pescados Ruben burela FS «B» visita o Coto Ferreiro. Trátase do filial dun dos equipos punteiros na primeira división e atópase a 3 puntos do Vasán Cubik Seguros na clasificación.

Despois da dura derrota de Santa Isabel, O Vasán Cubik Seguros quere dar o do de peito ante a súa afección e impoñerse ao Burela, xa que quedou con gañas de revancha despois do partido da primeira volta no que saiu derrotado por 2 a 1, nun partido no que controlaron en todo momento os homes de Juankar.

Redacción e fotografía: Iria Eiras

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

OS PEREGRINOS- MONTE DO GOZO

IMG_6194 copiaNo monte do Gozo, en Compostela, atopamos duas esculturas adicadas aos peregrinos que por alí se achegan no percorrer do Camiño de Santiago. Sendo o Monte do Gozo o primeiro punto dende donde podemos ver a cidade de peregrinación compostelana,  estas duas enormes estatuas converteronse co paso dos anos nun referente do Camiño , dado que milleiros de persoas acuden aos seus pés para deixar as súas plegarias e agradecementos ao Apóstolo Santiago. A escasos cinco kilometros de Santiago non é un lugar propiamente dito adicado as visitas turísticas senon que máis ben, as esculturas,  estan  alí para dar un último empuxón de ánimo aos peregrinos: para que rematen o seu percorrido e se acheguen a catedral compostelana a abrazar ao Apóstolo.

IMG_6184 copia

IMG_6190 copia

IMG_6180 copia

Redacción e fotografía: Ana Requeijo.

Publicado en Percorrendo Galicia | Deja un comentario

CANGAS DE FOZ- LUGO

005 052 copiaA igrexa de Cangas de Foz, construída no século XVII, consta de tres naves separadas por arcos de medio punto, na cal o retablo maior é barroco e o lateral é de estilo rococó. No seu interior alberga unha imaxe da Virxe co Neno datada do século XVI. Esta actual construcción ubicase sobre a antiga Igrexa de San Pedro de Cangas, do século XII, erguida sobre un antigo asentamento

Sigue leyendo →

Publicado en Igrexa, Percorrendo Galicia | Deja un comentario

Adxudicada a Covsa en 1,4 millóns de euros as obras de mellora do trazado e da seguridade viaria da estrada Callobre-Balboa

IMG_8484Once empresas presentaron as súas ofertas para optar á mellora desta estrada.

Trátase dunha vía estratéxica que vertebra o Concello de A Estrada, comunicando a N-525 e N-640

A Deputación de Pontevedra adxudicou a mañá do xoves en Xunta de Goberno as obras da estrada provincial EP 7017 no treito comprendido entre Callobre e Balboa, no concello da Estrada.

As obras foron adxudicadas á empresa Construcións, Obras e Viaias (COVSA) por un importe de 1,4 millóns. Tal e como sinalou o presidente da Deputación na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno, foron 11 as empresas que presentaron as súas propostas IMG_8510para a execución das obras, cunha baixa media no orzamento de licitación (que ascendía a 1,7 millóns de euros) de 17,4%.

A obra afectará a un treito de 8,8 quilómetros e terá características similares a unha estrada nacional, dado que se trata dunha vía estratéxica –a máis relevante tras a autoestrada– xa que vertebra todo o Concello de A Estrada e comunica dúas estradas nacionais (n-525 e N-640).

A vía presenta unha elevada intensidade de tráfico e pasa por varias das principais parroquias do concello, como Callobre, Moreira ou Oca.

Redacción: Deputación de Pontevedra / Fotografía: Patricia Figueiras

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

O BNG denuncia que "o concello da Estrada leva preto de seis meses vertendo augas contaminadas"

Xosé Magariños insta ao alcalde a arranxar dunha vez esta tubería de augas fecais, porque estanse a contaminar os nosos ríos e supón un problema de salubridade pública.

IMG_20140118_124514O concelleiro do BNG, Xosé Magariños, vén de denunciar que “á altura da discoteca Lennon hai un sumidoiro cunha tubería rebentada que leva meses vertendo augas fecais e todo tipo de desperdicios a un regato, ante a pasividade do alcalde e o seu grupo de goberno, porque nos consta que ten coñecemento desta situación.”

“O verquido”, afirma o concelleiro nacionalista, “é perfectamente visíbel, especialmente por todas as persoas que todos os días circulan pola N-640, andando ou en coche, xa que este verquido desprende un cheiro nauseabundo”.

“Este sumidoiro roto, como xa dixemos, leva preto de seis meses no mesmo estado, vertendo aos ríos, cuxas consecuencias a fin de contas padecémolas todos, xa que de aí van ao Liñares e deste río ao Ulla”, explicou Magariños; “pero quen padece directamente as consecuencias destes verquidos son os veciños e veciñas de Guimarei, cuxas augas contaminadas pasan preto das súas casas, co problema de salubridade pública que iso supón”. Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

GRAFITIS NO PASATEMPO, BETANZOS

002 087 copiaNo Parque do Pasatempo en Betanzos atopamos un area na que os amantes do arte urbano poideron dar rienda solta a súa creatividade en forma de grafitis.  Unha plataforma de formigón cun muro, entre a natureza que envolve o area do Pasatempo de Betanzos, donde a cor e as formas  resaltan e se convirten en autentico arte.

Sigue leyendo →

Publicado en Percorrendo Galicia | Deja un comentario