Se non chega a ser polo BNG, que denunciou no mes de decembro a parálise do goberno municipal sobre esta cuestión en concreto, a seguridade vial do colexio do Souto de Vea seguiría a durmir o soño dos xustos”
O BNG da Estrada, a través do seu portavoz municipal, Xosé Magariños, vén de rexistrar unha moción na que urxe o estudo e adopción da mellor solución aos problemas de seguridade vial do colexio Manuel Villar Paramá do Souto de Vea. Sigue leyendo
O BNG urxe unha solución ao problema de seguridade vial do colexio do Souto de Vea
I Xornadas pola Educación Infantil da Estrada
Esta mañá a edil de educación, Amalia Goldar, acompañada de Mª Esther Martínez, da universidade de Vigo, e de Mª Luisa Moimenta, da escola infantil Elfos, presentaron as primeiras Xornadas pola Educación Infantil da Estrada.
As xornadas compoñense por unha serie de obradoiros nos CEIP estradenses e varias conferencias no Teatro Principal. Os profesionais poden matricularse para conseguir o certificado de asistencia o remate das xornadas nos seguintes correos:
marisamoimenta@hotmail.com
escolainfantilelfos@gmail.com
As conferencias son de libre asistencia para tódolos públicos e son as seguintes: Sigue leyendo
No último ano baixa a delincuencia local
Onte tivo lugar na sala de xuntas do consisitorio estradense unha reunión da xunta de seguridade. Posteriormente Xosé López, alcalde de A Estrada, e Antonio Coello, Subdelegado do Goberno, explicáronnos os puntos que se trataron na reunión. Ambos animan aos veciños a que se observan algún descoñecido rondando as súas casas chamen ao 062, número no que xestionan os servizos de seguridade e que lles enviarán a patrulla máis cercana ao domicilio.
Fotografía, gravación e redacción: Iria Eiras
Cursos de galego CELGA 2 e 4
O Departamento de Cultura do Concello da Estrada comunica que todos aqueles interesados en inscribirse nos cursos de galego CELGA 2 e 4, convocados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, deberán anotarse no Departamento de Cultura do Concello antes do 24 de xaneiro.
Ditos cursos, son necesarios para certificar un coñecemento de galego a efectos de requisitos ou méritos laborais e académicos.
Remitímosvos o enlace da páxina oficial do CELGA para obter máis información.
http://www.xunta.es/linguagalega/celga
Premio á Mellor Caracterización Zombie
O xurado, composto por membros da organización do Festival de Terror PANIC, decidiu por unanimidade outrogarlle o Premio á Mellor Caracterización Zombie, da «Zombie walk» do venres pasado; a *Patricia Wilquin Hernández*.
O premio, consistente en material cinematográfico, será entregado na Gala de Clausura a celebrar o día 2 de febreiro.
Parabéns





































