A Zombie Walk en imaxes

Fotografía: Iria Eiras

Gravación: Adrián Eiras

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

Os socialistas piden a continuidade da axuda de 400 euros a desempregados, Plan Prepara

IMG_8929O grupo municipal socialista presentou no día de onte por Rexistro no Concello unha moción que defenderá na próxima sesión plenaria. Esta moción insta ao Goberno central a prorrogar, como mínimo, por seis meses a vixencia do Programa PREPARA. Dito programa aporta unha paga de 400 euros mensuais a desempregados que esgotaron a súa prestación, e que pasan entón a un programa de recualificación profesional para tratar de mellorar as súas posibilidades de acceso a un emprego. Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

Xosé López califica a autovía A Estrada de irrenunciable

IMG_1654Durante a visita do Delegado Territorial da Xunta en Pontevedra, Xosé Manuel Cores Tourís, á Estrada. Xosé López manifestou que a autovía a vila dende Santiago, segue sendo unha obra irrenunciable para A Estrada.

 

Gravación e Redacción: Iria Eiras

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

A ampliación do Pérez Viondi podería estar rematada para o próximo curso escolar

Na pasada semana o Delegado Territorial da Xunta en Pontevedra, Xosé Manuel Cores Tourís, acompañado da edil de educación, Amalia Goldar, do alcalde, Xosé López, e do xefe territorial de Cultura e Educación, César Pérez, visitaron as obras de ampliación do colexio Pérez Viondi e o comedor do Foxo. Esperan que as obras estean rematadas en setembro para o comezo do novo curso escolar.

Gravación e Redacción: Iria Eiras

Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

Continúa o festival de terror con "The Possesion"

Esta noite continúa o festival de terror organizado por Produccións Trípode e o Departamento de Cultura do Concello, ca proxección da película The Possesion nos minicines central ás 12 da noite, película que narra a posesión diabólica sufrida por unha nena e os ritos de exorcismo para liberala de mal; un ritual que se aborda desde o punto de vista da relixión xudía. ¡ESPERÁMOSVOS, É GRATIS!

Redacción: Iria Eiras

 

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

O PSOE fai valoración da primeira comisión de facenda sobre os orzamentos do 2013

IMG_8929

Este xoves pola tarde tivo lugar a comisión de facenda na que se trataron os orzamentos para este ano.
O grupo socialista destaca que nun orzamento de 12.445.750 euros, na que unha importante partida de ingresos proceden da subida do IBI, se destinen estes ingresos extra a gastos correntes do concello, mentres a partida de inversións se reduce con respecto a 2012. Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

Despedimos o Especial Nadal cunhas imaxes da Cabalgata de Reis

A Estrada despediu o Nadal coa Cabalgata dos Reis magos, a cal tivo unha gran afluencia. Centos de persoas abarrotaron as rúas da vila a espera dos ansiados Magos de Oriente, e máis tendo en conta que a cabalgata de Papa Noel se tivera que suspender polo mal tempo, pero nesta ocasión o tempo acompañou e as súas maxestades non defraudaron. Fixeron o percorrido ata a praza do concello acompañados polos seus paxes e quilos de caramelos que repartiron entre os asistentes. Xa na praza, foron recibindo aos máis cativos que con gran ilusión recollían máis caramelos das mans dos Reis, e algún neno aproveitaba a ocasión para levarlle as súas últimas peticións para esa noite máxica.

Fotografía e Redacción: Iria Eiras

Gravación: Adrián Eiras

Publicado en Cultura, Portada, ¡Especial Nadal! | Deja un comentario