O RECINTO FEIRAL ESTRADENSE ABRE AS SÚAS PORTAS CONSALIENTABLE AFLUENCIA DE VISITANTES

A maior afluencia de visitantes desta
da tarde, entorno as dezaoito horas o recinto estivo
visitantes rexistrada dende primeiras horas da mañan xa foi salientable.
O mais valorado da mostra e a diferenciación en
vehículos, mercadillo de pezas, recambios e accesorios e
organizadores, suliñan como máis
e particulares que de xeito desinteresado aportan o mellor das s
vehículos clásicos, o que lle outorga á mostra unha especial distinción.
O mundo das Antigüidades e o coleccionismo seducen ao público por variedade
calidade e prezo do producto exposto
escritorios, vitrinas, arcóns, bargueños, aparadores
libros, Reloxos, cadros, lampadas, escultura, porcelana, cristalería, máquinas de
escribir, almoneda, etc… son exemplos dun amplo e variado elenco de utís para o
fogar, cunha pincelada de distinción
– Comedor de caoba dos anos trinta realizado no taller do ebanista Ribas
Briones, conocido como pintor e a
– Silla de montar do ano mil nov
– Radio Telefunken do ano m
– Calculadora bancaria de mil nov
– Luz de carburo de mil nocecientos treinta y nueve
– Guitarra firmada polo músico e fabricante Leónidas Fender do ano mil novecentos
sesenta, etc………
O RECINTO FEIRAL ESTRADENSE ABRE AS SÚAS PORTAS CON
SALIENTABLE AFLUENCIA DE VISITANTES.
Fundación de Exposicións e Congresos de A Estrada, 14/12/2024
A primeira xornada da Feira de Antigüidades e o Salón Motor Cla
conseguen atraer aos visitantes ao recinto feiral estradense
As antigüidades seducen ao público por variedade, calidade
producto á venda.
A exposición de vehículos clásicos conta con preto dun
exemplares, pertencentes a clubes, asociacións, empresas privadas,
particulares, etc….
Hoxe as dezaoito horas, faráse entrega de diplomas acreditativos a todos
os participantes que aportaron á mostra os seus vehículos clásicos.
clásicos supuxo outra zona expositiva moi concurrida.
As oito da tarde, coincidindo co peche da mostra, a Fundación de
Exposicións e Congresos da Estrada, realizará un sorteo dunha cesta de
nadal entre os visitantes.
A maior afluencia de visitantes desta primeira xornada, coincidiu coas horas centrais
da tarde, entorno as dezaoito horas o recinto estivo moi concurrido .
dende primeiras horas da mañan xa foi salientable.
da mostra e a diferenciación en áreas expositivas
e pezas, recambios e accesorios e Antigüidades). Os
organizadores, suliñan como máis destacable a colaboración de clubes, asociacións
e particulares que de xeito desinteresado aportan o mellor das suas coleccións de
vehículos clásicos, o que lle outorga á mostra unha especial distinción.
ntigüidades e o coleccionismo seducen ao público por variedade
e prezo do producto exposto: Mobiliario en madeiras nobles
ritorios, vitrinas, arcóns, bargueños, aparadores, consolas, etc…)
libros, Reloxos, cadros, lampadas, escultura, porcelana, cristalería, máquinas de
escribir, almoneda, etc… son exemplos dun amplo e variado elenco de utís para o
incelada de distinción. Obxectos tan curiosos como:
omedor de caoba dos anos trinta realizado no taller do ebanista Ribas
Briones, conocido como pintor e afincado en Vilagarcía de Arousa.
mil novecentos cinco
Telefunken do ano mil nocecentos cincuenta e sete
alculadora bancaria de mil novecentos trinta
mil nocecientos treinta y nueve
uitarra firmada polo músico e fabricante Leónidas Fender do ano mil novecentos
O RECINTO FEIRAL ESTRADENSE ABRE AS SÚAS PORTAS CON
o Salón Motor Classic,
feiral estradense.
calidade e prezo do
on preto dun centenar de
exemplares, pertencentes a clubes, asociacións, empresas privadas,
Hoxe as dezaoito horas, faráse entrega de diplomas acreditativos a todos
os participantes que aportaron á mostra os seus vehículos clásicos.
clásicos supuxo outra zona expositiva moi concurrida.
As oito da tarde, coincidindo co peche da mostra, a Fundación de
Exposicións e Congresos da Estrada, realizará un sorteo dunha cesta de
primeira xornada, coincidiu coas horas centrais
concurrido . A afluencia de
dende primeiras horas da mañan xa foi salientable.
tivas (Exposición de
Antigüidades). Os
clubes, asociacións
uas coleccións de
vehículos clásicos, o que lle outorga á mostra unha especial distinción.
ntigüidades e o coleccionismo seducen ao público por variedade,
en madeiras nobles (Mesas, sillas,
, consolas, etc…), decoración,
libros, Reloxos, cadros, lampadas, escultura, porcelana, cristalería, máquinas de
escribir, almoneda, etc… son exemplos dun amplo e variado elenco de utís para o
omedor de caoba dos anos trinta realizado no taller do ebanista Ribas
uitarra firmada polo músico e fabricante Leónidas Fender do ano mil novecentos
Na zona de exposición de vehículos clásicos, ubicáronse
exemplares (turismos, tractores,
banda o parking habilitado para
clásicos, supuxo unha nova
pavillóns de vehículos clásicos existentes.
Unha trintena de clubes, asociacións, empresas privadas e particulares, colaboraron
co equipo organizativo, aportando o mellor das suas colección
incide moi positivamente na boa valoración dos visitantes e na distinción da mostra.
O mercadillo de recambios, pezas, accesorios e complementos do motor, ubicado no
pavillón cinco, foi o que concentrou maioritariamente a atención dos
obviar a xa consolidadada Feira de Antigüidades e Artesanía que conta cun público
fidel.
Hoxe as dezaoito horas, terá lugar a entrega de diplomas acreditativos a todos os
participantes que aportaron os seus vehículos clásicos para complem
doble mostra.
A meirande parte das firmas expositoras de venda directa, así como, Clubes,
Asociacións, Empresas Privadas e Particulares, presentes na mostra, son
incondicionais do certame, participando xa
indicativo que a mostra satisface os intereses das firmas participantes.
No referente á venda directa, podemos suliñar que a presente edición foi respaldada
por firmas maioritariamente procedentes de
chegadas de fora da nosa
Portugal, etc…
O mercadillo de recambios, pezas, accesorios e complementos do motor,
antigüidades foron os que concentraron
O recinto feiral permanecerá aberto ao público, en horario ininterrumpido de once a
vinte horas. A entrada de acceso ao recinto
certame .
Ao longo da primeira xornada, os flashes fotográficos,
o evento e obter unha instantánea de vehículos espectaculares e de incalculable
valor, xoias clásicas e históricas que nos retrotraen a un pasado mais ou menos
recente, dependendo dos casos. Na exposición de vehículos, pódense ver pezas
dos anos 50 en adiante pero incluso alg

exposición de vehículos clásicos, ubicáronse preto dun
tractores, autobuses, motocicletas e bicicletas).
banda o parking habilitado para usuarios que concurriron cos seus
supuxo unha nova zona expositiva que complementou os outros dous
clásicos existentes.
Unha trintena de clubes, asociacións, empresas privadas e particulares, colaboraron
co equipo organizativo, aportando o mellor das suas coleccións de vehículos o que
incide moi positivamente na boa valoración dos visitantes e na distinción da mostra.
O mercadillo de recambios, pezas, accesorios e complementos do motor, ubicado no
pavillón cinco, foi o que concentrou maioritariamente a atención dos
obviar a xa consolidadada Feira de Antigüidades e Artesanía que conta cun público
Hoxe as dezaoito horas, terá lugar a entrega de diplomas acreditativos a todos os
participantes que aportaron os seus vehículos clásicos para complem
A meirande parte das firmas expositoras de venda directa, así como, Clubes,
Asociacións, Empresas Privadas e Particulares, presentes na mostra, son
incondicionais do certame, participando xa en anteriores edicións.
ativo que a mostra satisface os intereses das firmas participantes.
No referente á venda directa, podemos suliñar que a presente edición foi respaldada
por firmas maioritariamente procedentes de Galicia, complementadas con
chegadas de fora da nosa comunidade autónoma: Madrid, Asturias,
O mercadillo de recambios, pezas, accesorios e complementos do motor,
s que concentraron maioritariamente a atención dos visitantes
rá aberto ao público, en horario ininterrumpido de once a
de acceso ao recinto é válida para os dous días que dura o
Ao longo da primeira xornada, os flashes fotográficos, encargáronse de inmortalizar
a instantánea de vehículos espectaculares e de incalculable
valor, xoias clásicas e históricas que nos retrotraen a un pasado mais ou menos
recente, dependendo dos casos. Na exposición de vehículos, pódense ver pezas
dos anos 50 en adiante pero incluso algunhas son anteriores.
preto dun centenar de
motocicletas e bicicletas). Pola súa
usuarios que concurriron cos seus vehículos
zona expositiva que complementou os outros dous
Unha trintena de clubes, asociacións, empresas privadas e particulares, colaboraron
s de vehículos o que
incide moi positivamente na boa valoración dos visitantes e na distinción da mostra.
O mercadillo de recambios, pezas, accesorios e complementos do motor, ubicado no
pavillón cinco, foi o que concentrou maioritariamente a atención dos visitantes, sen
obviar a xa consolidadada Feira de Antigüidades e Artesanía que conta cun público
Hoxe as dezaoito horas, terá lugar a entrega de diplomas acreditativos a todos os
participantes que aportaron os seus vehículos clásicos para complementar esta
A meirande parte das firmas expositoras de venda directa, así como, Clubes,
Asociacións, Empresas Privadas e Particulares, presentes na mostra, son
anteriores edicións. Esto é un
ativo que a mostra satisface os intereses das firmas participantes.
No referente á venda directa, podemos suliñar que a presente edición foi respaldada
, complementadas con outras
comunidade autónoma: Madrid, Asturias, Cáceres,
O mercadillo de recambios, pezas, accesorios e complementos do motor, xunto coas

Publicado en Portada | Deja un comentario

Medio Rural e o concello da Estrada intensifican a súa cooperación para seguir mellorando o agro deste municipio pontevedrés

A conselleira María José Gómez recibiu no seu despacho de San Caetano ao alcalde estradense, Gonzalo Louzao, nunha xuntanza na que tamén participou a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, e o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, avanzaron hoxe nas diferentes vías de colaboración entre o Concello e a Xunta para seguir mellorando o agro neste municipio pontevedrés, nunha reunión celebrada en San Caetano.

Na xuntanza, na que tamén participou a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, analizáronse distintas cuestións relacionadas fundamentalmente coas infraestruturas rurais e coa posta en valor de terras mediante as concentracións parcelarias e as ferramentas da Lei de recuperación.

Así, en relación coas infraestruturas, avanzouse na planificación e desenvolvemento de actuacións vinculadas, entre outras medidas, coa mellora de accesos a núcleos de poboación e explotacións. No que atinxe aos instrumentos da Lei de recuperación, fíxose fincapé nas permutas voluntarias como mecanismo de mobilización de terras.

En canto ás parcelarias, púxose de relevo que A Estrada conta xa con 47 zonas de concentración rematadas e mantén tres activas, que son as de Codeseda, Monte Val do Vea-sector II e Arca-Nigoi-sector Arca. As responsables da Consellería comprometéronse a continuar impulsando estes procesos, en colaboración co Concello, para rematalos o antes posible, unha sensibilidade que foi agradecida polo rexedor estradense.

No encontro de traballo valorouse tamén a clara vocación agrogandeira deste municipio pontevedrés, un dos de maior extensión de Galicia e que conta con ata 66 explotacións de vacún de leite e unha produción conxunta de preto de 19 millóns de litros, con datos correspondentes á anualidade de 2023.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Diego Calvo destaca o labor da Policía Autonómica a prol da seguridade e o benestar colectivo

 

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou hoxe na entrega de distintivos de permanencia e de medallas ao persoal da Policía Autonómica (UPA), onde destacou o labor deste corpo policial a prol da seguridade e o benestar colectivo. No acto, no que tamén interveu o comisario xefe da UPA, Jorge Rubal, recoñeceuse a permanencia de 40 axentes policiais con diferentes graos de antigüidade, dos que 14 recibiron cruces de bronce por sumar 30 anos de servizo.

Tamén se entregaron seis distincións honoríficas a persoal alleo á unidade policial pola súa continuada colaboración desde as súas diferentes responsabilidades. É o caso do comisario principal e xefe rexional de Operacións en Galicia da Policía Nacional, Fernando Javier Martínez, xubilado este ano; do xefe da Comandancia da Garda Civil na Coruña, Fernando Pedreira; da intendente e xefa da Policía Local de Ourense, María Barrera; da fiscal de enlace en delitos de odio e discriminación na Fiscalía da área de Ferrol, Patricia Sánchez; da veterinaria en inspección pesqueira da Subdirección Xeral de Gardacostas, Aurora Macías; e da subdirectora xeral de Coordinación de Servizos Transversais, Ana Otero. A demais, a Unidade de Mergullo de Ferrol da Armada Española recibiu unha placa pola súa estreita cooperación en tarefas de mergullo e rescate  

Na súa intervención, Diego Calvo incidiu no agradecemento a todas as persoas distinguidas e, en xeral, a toda a Policía Autonómica pola dedicación, vocación de servizo público e coraxe que demostran no seu día a día. “Agradecervos, en definitiva que representedes con honradez e dignidade a Galicia alí onde actuades”, engadiu. Neste sentido, lembrou que a UPA participou do dispositivo coordinado pola Xunta na Comunidade Valenciana para apoiar os servizos de emerxencias locais na busca e rescate de persoas desaparecidas tras a Dina.

O conselleiro expresou tamén o orgullo que supón para Galicia contar cunha Unidade de Policía Adscrita, cuxa atención constante aos diversos eidos da súa competencia é garante de prevención e de protección tanto das persoas como do patrimonio individual e colectivo. Cómpre sinalar que a Policía Autonómica ten entre os seus cometidos a loita contra os incendios, o furtivismo e o marisqueo ilegal, así como a protección do medio natural, das rutas xacobeas, das vítimas de violencia de xénero e dos menores, entre outros.

Uns cometidos que, segundo sinalou Diego Calvo, se poñen en risco polo cada vez maior déficit de persoal, que xa supera o 30%. O conselleiro insistiu na urxencia de que o Goberno central complete o catálogo da Policía Autonómica ata os 500 axentes previstos fronte aos 344 existentes na actualidade. “É un paso necesario para que a unidade poida  desenvolver coas máximas garantías as múltiples competencias de protección, investigación e defensa que ten atribuídas”, afirmou.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Xunta publica no DOG o acordo de aprobación do proxecto de construción do treito que culmina a autovía Santiago-A Estrada, entre Pontevea e O Rollo, cun investimento de máis de 32,3 M€

 

 

 

A actuación suporá un investimento de 32,3M€ e desenvolverá o segundo treito da prolongación da AG-59 desde o enlace coa AC-241, actualmente en execución entre A Ramallosa e Pontevea, ata o enlace coa PO-841

O novo treito desta autovía libre de peaxe disporá de 2 enlaces que permitirán os catro movementos, tanto cara a Santiago como á Estrada, sendo un deles resultado da reforma do existente na Ramallosa, e o outro de nova execución sobre a AC-241, en Pontevea

A Xunta prevé convocar o levantamento de actas previas das expropiacións no primeiro trimestre do 2025 para licitar as obras o vindeiro ano, cun prazo de execución de 36 meses

A Xunta avanza ao tempo nas obras do treito de 3,5 quilómetros da prolongación da AG-59, iniciadas a finais de outubro de 2023 e nas que está a investirse máis de 33M€

 

A Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través de Axencia Galega de Infraestruturas, vén de publicar hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o acordo da aprobación do proxecto de construción do segundo treito de prolongación da autovía libre de peaxe Santiago-A Estrada, entre Pontevea (AC-241) e O Rollo (enlace PO-841). Esta actuación, á que a Administración autonómica destinará un investimento de 32,3M€, culminará a autovía AG-59.

Este proxecto autorizado na reunión do Consello da Xunta do pasado día 25 de novembro,  prolongará a AG-59 desde o enlace coa AC-241 – que está actualmente en execución entre A Ramallosa e Pontevea, no concello de Teo-; ata o enlace coa estrada PO-841, no Rollo, xa no concello da Estrada.

En concreto, este novo treito entre Pontevea e O Rollo disporá de dous enlaces que permitirán os catro movementos, tanto cara o Norte (Santiago de Compostela), como cara o Sur (A Estrada). Un deles, resultado da reforma do existente na Ramallosa, e o outro, de nova execución sobre a AC-241, en Pontevea.

A Xunta prevé convocar o levantamento de actas previas das expropiacións no primeiro trimestre do 2025 para licitar as obras no vindeiro ano, cun prazo de execución de 36 meses.

Así, a administración autonómica ao tempo que avanza nas obras do treito de 3,5 quilómetros da prolongación da AG-59, iniciadas a finais de outubro de 2023 e nas que está a investirse máis de 33M€, impulsará este novo treito de 4 quilómetros de lonxitude.

Unha vez rematada os 7,5 quilómetros da prolongación do actual tramo da AG-59, os tempos da viaxe entre Santiago de Compostela e A Estrada se reducirán a 10 minutos, ademais de mellorar a seguridade viaria, tras un investimento global de máis de 67 millóns de euros.

O obxectivo do Goberno galego con estas actuacións é facilitar a comunicación e a vertebración territorial entre Santiago e a comarca de Tabeirós-Terra de Montes. A infraestrutura busca, tamén, incrementar a competitividade do municipio da Estrada, sede de importantes institucións como a Academia Galega de Seguridade Pública, do Centro Integrado de Emerxencias 112 e do 061, e cunha grande actividade económica e empresarial.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada consolídase como un dos grandes concellos de Galicia superando os 20.000 habitantes en 2024

O Instituto Nacional de Estatística (INE) confirmou que a poboación oficial de A Estrada
ascende a 20.139 habitantes a 1 de xaneiro de 2024, un incremento respecto aos
20.081 habitantes rexistrados en 2023. Este crecemento de 58 persoas reflicte un
crecemento sostido, malia a situación demográfica desafiante en moitos municipios
galegos e reforza a posición de A Estrada como un dos grandes concellos de Galicia.
Os datos do censo: unha ferramenta de análise, pero non oficial
Ademais das cifras oficiais do INE, o Concello de A Estrada conta cun censo municipal
que reflicte unha poboación de 20.312 habitantes, baseado nos rexistros do Padrón
Municipal. Estes datos, que non son os oficiais nin definitivos, son unha ferramenta
valiosa para analizar a realidade demográfica local e deseñar políticas públicas que
atendan ás necesidades da veciñanza.
Un concello diverso e equilibrado
A Estrada combina harmoniosamente o ámbito rural, con 10.485 residentes, e o urbano,
onde habitan 9.827 persoas. Ademais, o equilibrio por xénero é lixeiro, con 10.526
mulleres fronte a 9.786 homes. Por idade, os veciños entre 44 e 59 anos (4.897) son o
grupo máis numeroso, seguidos pola franxa de 59 a 74 anos (4.026). A poboación infantil
e xuvenil, de 0 a 14 anos, ascende a 1.934 habitantes, demostrando a importancia de
apoiar ás familias para garantir o futuro.
¿De onde proceden os novos estradenses?
O censo municipal amosa que unha parte significativa da poboación mantén raíces locais:
13.936 persoas naceron en A Estrada. Non obstante, o municipio gaña tamén habitantes
doutros concellos. Santiago de Compostela, Cuntis e Silleda son as principais orixes dos
novos estradenses, atraídos polas oportunidades laborais, educativas e pola calidade de
vida que ofrece A Estrada.

Diversidade cultural en A Estrada.
A riqueza multicultural de A Estrada queda reflectida na procedencia internacional da súa
poboación, que inclúe residentes de países clave a nivel global. Entre eles atópanse
grandes potencias económicas e culturais como Estados Unidos, Francia ou China, así
como países con importantes lazos históricos e sociais con Galicia, como Portugal ou
Venezuela.
Esta diversidade non só pon de manifesto a capacidade de A Estrada para atraer persoas
de todo o mundo, senón que tamén reforza o seu carácter aberto, dinámico e preparado
para afrontar os retos dun mundo globalizado.
As parroquias máis poboadas e as de menor tamaño
Entre as parroquias máis poboadas destacan Berres (400 habitantes), Guimarei (387) e
Callobre (382), mentres que Sabucedo (34), Liripio (43) e Santa Mariña de Barcala (84)
teñen unha menor densidade, reforzando a importancia de implementar medidas
específicas para revitalizar estas áreas.
Un futuro prometedor con proxectos estratéxicos
A ampliación do polígono industrial e a conexión coa nova autovía posicionan a A Estrada
como un motor económico da comarca. Estes proxectos non só consolidarán o
crecemento económico, senón que tamén fomentarán o asentamento de novas familias e
empresas, garantindo máis oportunidades para toda a veciñanza.
Censarse é investir no futuro da Estrada
Finalmente, dende o Concello queremos animar a todas as persoas que residan en A
Estrada e aínda non estean censadas, a facelo. Estar censado é clave para garantir máis
recursos e servizos para todos.

Cada persoa conta para que A Estrada siga medrando como

un concello de referencia en Galicia.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Fundación Andrea presenta na Estrada a súa primeira Gala Solidaria

O *15 de decembro* terá lugar un Papá Noel solidario en favor a Fundación Andrea (colabora cos nenos ingresados no hospital)
Os nenos terán dereito a todas as actividades entre as 15:30h e as 20:30h (talleres, hinchables, exhibicións doutras escolas, rocódromo, pintacaras e tatuaxes …)
Teremos a visita dos Bolechas e tamén a de Papá Noel, trae a túa carta!
*O custo da entrada será de 5€.
Lugar: Pavillòn Coto Ferreiro

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Fundación Andrea presentna Estrada a súa primeira Gala Solidaria


A Fundación Andrea celebrará na Estrada a súa primeira gala solidaria o vindeiro domingo de decembro, grazas á iniciativa dos voluntarios locais Cristina Quinteiro, Iván Lorenzo e Montse Otero, que tomaron a iniciativa de organizala. Esta terá lugar no anexo do pavillón municipal Manuel Coto Ferreiro, con entradas a 5 euros para nenos e 2,50 para adultos, cuxa recadación se destinará integramente a financiar as actividades da entidade, axudando a nenos con enfermidades crónicas, de longa duración. -termo ou terminal, así como as súas familias. Entre elas está a de pagar unha piscina de vivendas próximas ás instalacións hospitalarias para uso exclusivo dos familiares con fillos ingresados ​​a longo prazo.
A xornada promete diversión para todas as idades, coa apertura de portas ás 15.30 horas e os inchables de Tiko Doco dispoñibles dende o primeiro momento. Haberá unha pista americana cun trampolín, un unicornio mecánico e un muro interactivo. Ademais, tamén haberá un rocódromo de sete metros de altura para os máis valentes.

A partir das 16.00 horas comezará a funcionar o servizo de pintura facial, a cargo de Anacos Educación, así como a contacontos con Tina Velutina. Un cuarto de hora máis tarde, ás 16.15 horas, terá lugar un obradoiro para aprender a crear adornos de Nadal con 4Elefantes, seguido ás 16.30 horas da exposición dos cans utilizados para a terapia con pacientes nos hospitais "Só "Necesitas vacilar". Ás 17:00 horas terá lugar unha exposición de Zumba con Priscila, seguida da visita de Os Bolechas ás 17:15 horas e unha presentación da Fundación Andrea, onde se dará a coñecer os seus traballos. colaboradores e aqueles que poidan necesitar da túa axuda.
Ás 17.45 horas haberá un momento máxico para os máis pequenos, xa que Papá Noel visitará o acto para recoller cartas e posar en fotomatón ante un photocall de 7 metros de lonxitude e dous metros de altura creado polo alumnado da escola. escolas por A Estrada. Esta será tamén a que utilizará a fundación para a visita de Papá Noel ao Hospital Clínico de Santiago o 23 de decembro.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Publicado en Portada | Deja un comentario