O grupo de Tequexetéldere leva o folclore estradense ata Bélxica

FormatFactoryteque concelloA agrupación estradense Tequexetéldere atopase nun festival en Bélxica dende onde nos narran o seu día a día nunha estancia, ata o de agora, moi enriquecedora.

O primeiro día cando chegamos levaronnos ata o seu local, para que recolleramos a nosa roupa, xa que a enviaramos antes por transporte. De alí presentaronnos as nosas familias e xa nos marchamos con elas, cada un para as nosas casas.

FormatFactoryteque prazasO segundo día, estivemos de excursión pola Cidade de Hasselt, onde coñecimos parte dos seus lugares máis importanes así como algunhas curiosidades da Vila. Xa pola tarde tivemos un desfile polas rúas da cidade con actuacións nalgunhas prazas e finalmente unha recepción no concello onde fumos recibidos polo governo da cidade e a organización, xa pola noite tivemos a nosa primeira actuación na carpa do festival.

O terceiro día convidaronnos a participar cunha peza cantada nunha misa, e así o fixemos, as pandereteiras tocaron un canto de nadal a capella recollido na Estrada, no lugar de Terreboredo (Souto), pola tarde tivemos a segunda actuación na carpa e a noite unha festa de confraternización co resto das delegacións, onde aprendimos bailes belgas, rusos e servios así como nós tivemos que ensinar varias pezas do noso folclore. Esta é unha das partes máis divertidas e interesantes dos festivais.

FormatFactoryteque escenarioOnte a mañá tivemos día libre coas familias que nos acolleron, e dicir que uns foron de paseo, outros a ver un concerto de blues, andar en bicicleta ou descansar. Para xantar tivemos unha barbacoa co resto das agrupacións, de novo actuación e para rematar o día, temos unha xuntanza na casa de unha das familias (cada agrupación por separado).

Tamén comentarvos que ao rematar a nosa primeira actuación, a organización doutro festival belga, ofreceunos a posibilidade de prolongar a nosa estancia aquí e participar no seu festival que ten lugar do 20 ao 24, ao cal lle tivemos que agradecer o convite, pero non podría ser xa que temos os billetes collidos para o día 20 e varios membros da agrupación por motivos laborais non poderían quedar.

Tequexetéldere 

Esta entrada fue publicada en Música, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta