O PSOE demanda que "o goberno local non entrega as actas das xuntas de goberno local dende o 29 de Xuño

PSOE eduardo dono belenA lexislación establece un prazo de 10 días para achegar aos concelleiros que non forman parte da XGL 

A transparencia e a participación non son do agrado do Alcalde da Estrada e dos seus concelleiros. Saltándose á torera o estipulado pola lexislación vixente o goberno local leva dende o 29 de xuño sen dar acceso aos concelleiros da oposición ás actas dos acordos que unilateralmente adopta nas Xuntas de Goberno local dos luns.

No Concello da Estrada celébrase reunión da Xunta de Goberno local (XGL) todos os luns do ano de xeito ordinario e en convocatoria extraordinaria cando así o dicide o alcalde. A lexislación outorga un prazo de 10 días para que as actas nas que se recollen os asuntos aprobados sexan entregadas aos concelleiros dos partidos que non forman parte do goberno, e así poidan realizar de xeito adecuado a labor de fiscalización do goberno.

“Non entregando as actas impide que os concelleiros da oposición poidamos realizar a labor de fiscalización para que non poidamos denunciar publicamente as súas decisións de goberno. Reiteradamente este alcalde utiliza a vía da excepción para bordear a legalidade de xeito continuo. Así unha e outra vez podemos observar como a Secretaria advirte nas propias reunións da XGL da aprobación de expedientes fóra da orde do día, expedientes que ao aprobarse deste xeito se indica non puideron ser examinados e en consecuencia advirte do descoñecemento de se se atopan en disposición de ser aprobados ou non”.

PSOE belen dono montseEn XGL o goberno pode aprobar todo tipo de gastos superiores a 1.200 euros, contrato de obra, subministros, servizos, contratos administrativos especiais e mesmo outorgar ou rexeitar licenzas, subvencións, contratación de persoal ou pagamento de centos de miles de euros, moitos deles con reparos suspensivos de intervención. A XGL compóñena o alcalde e 7 dos seus concelleiros: Juan Constenla, Alberto Blanco, Amalia Goldar, Óscar Rancaño, Ángeles Pais, Ismael Pena e Óscar Durán.

Dende o grupo municipal socialista vimos de rexistrar un escrito formal de queixa polo retraso na entrega das copias das actas da Xunta de Goberno Local, xa que a non disposición das mesmas vulnera o dereito de acceso á información da oposición e nega o coñecemento dos principais acordos adoptados polo Concello.

PSdeG PSOE de A Estrada

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta