Fotografía: Patricia Figueiras
Gravación e montaxe: Iria Eiras
O pasado xoves 22 de novembro ás 20,30 horas tivo lugar no MOME da Estrada a conferencia do escritor Xosé Neira Vilas organizada polo concello de A Estrada, para presentar o libro 100 anos do himno Galego.
Asistiron Luís Reimóndez, Sr. Alcalde da Estrada José López, o Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia Valentín García, o Director de Edicións Embora do Ferrol (quen publicou o libro) Miguel Toval, e o propio escritor, Xosé Neira Vilas.
Tras finalizar o acto actuou a coral polifónica estradense, dirixida por Javier Comesaña, deleitándonos con tres pezas: unha noite na eira do trigo, habanera 100 anos hai e o Himno Galego.
Redacción: Patricia Figueiras






































