Fotografía: Patricia Figueiras
Gravación: Santiago Mogo
Montaxe: Iria Eiras
O Teatro Principal acollía o sábado 25 de novembro ás 20:30, o Concerto de Santa Cecilia coa participación da Banda de Música Municipal da Estrada, a cargo de Xavier Comesaña, director tamén da escola de música estradense.
En dito acto, nomeouse a incorporación de novos membros da banda, que son Adrián Fuentes Correa, Andrea Agra Estraviz, Zaida García Pérez, e David Conde Canda.
O concerto contou coas cancións, Danzas fantásticas: III orgía, Third suite for fand, Sinfonía do novo mundo, Traner e Vigolívica, ésta última composta por Javier Comesaña no verán de 2012 en homenaxe á cidade de Vigo con oito partes enlazadas entre sí: Amañecer: O porto, Illas Atlánticas, A reconquista, Colexiata, Procesión, As praias, Quiñones de León e A cidade, interpretada por primeira vez o 18 de outubro no Teatro Principal de Pontevedra pola Banda Municipal de dita cidade.
Redacción: Patricia Figueiras






































