VII Festa dos Callos en Matalobos

Fotografía: Patricia Figueiras

Gravación e montaxe: Iria Eiras

Este sábado Matalobos estivo de festa, e non con unha festa calquera, senon honrando a súa patroa Santa Eulalia. Ademáis da correspondente festa relixiosa, que dende hai uns anos incorpora a novidade dun ramo que vai pasando de familia en familia ano tras ano, costume que implantou un veciño procedente de Santo André de Vea, onde era algo tradicional, agora a parroquia é tamén coñecita pola xa tradicional festa dos callos. Nesta sétima edición aglomeraron arredor de 500 persoas entre as que se atopaban, ademáis de veciños de Matalobos e parroquias limítrofes, un numeroso grupo de moteiros de A Coruña entre outros.

Amenizaron a festa un grupo de gaiteiros de Tequexetéldere e o humorista Pablo Chichas, do que poderedes disfrutar en breve na sección de humor. Para rematar a noite actuaron as orquestas Solara e Ritmo Xoven.

A Estrada na Rede, agradece o trato e colaboración da organización da festa dos callos, especialmente dos nosos reporteiros improvisados Lucía Seoane e Xesús Janeiro. Tamén agradecerlle a Xosé Antonio Ortigueira a súa aportación sobre a festa relixiosa, o cal será, un colaborador habitual desta web nunha nova sección en creación.

Redacción: Iria Eiras

Esta entrada fue publicada en Festas, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta