Concerto solidario para Cáritas

Gravación e montaxe: Iria Eiras

O vindeiro venres 14 de Decembro ás 20:30 horas terá lugar un concerto benéfico a favor de cáritas. Nel intervirán Ildikó Oltai ó violín e Javier Otero Neira ó piano, no salón de actos do Colexio N.S. de Lourdes, Centro ESO, en Matalobos.

O presidente de cáritas José Manuel Vázquez, destaca a importancia deste tipo de eventos ante a gran necesidade que teñen moitas familias nestes momentos, chegando xa preto a centena canto hai tan sólo 3 anos rondaban as 30 familias. Destaca tamén que cambiou o perfil dos demandantes, mentras que antes se trataba principalmente de persoas maiores, nestes momentos son principalmente xente de entre 25 e 40 anos.

O concerto é gratuito e o que o desexe poderá dar a súa doazón. Cáritas agradece a Ildikó e Javier a súa participación desinteresada, así como a todos aqueles que se poidan achegar e aportar o seu gran de area.

Redacción: Iria Eiras

Esta entrada fue publicada en Educación e Sociedade, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta