Gravación e Montaxe: Iria Eiras
O edil de Cultura, Juan Constenla, preséntanos a programación cultural do Nadal.
15 DECEMBRO ÁS 21:00 H: Festival de Corais de Nadal organizado pola Coral Polifónica de Berres no Teatro Principal.
21 e 22 DECEMBRO ÁS 21:00 H: Representación da obra “Smoke City” da compañía estradense Malasombra Teatro no Teatro Principal.
23 DECEMBRO ÁS 18:00 H: Encontro de coros parroquiais na Igrexa de San Paio. Participan os coros de Arca, San Pedro de Ancorados, Aguións, Santo André de Vea, San Xurxo de Vea, Curantes, San Xiao de Vea, Paradela, Sta Cristina de Vea, Moreira e Arnois.
24 DECEMBRO ÁS 18:00 H: Cabalgata de Papa Noel e posterior recepción aos nenos na Residencia da Terceira Idade.
26 DECEMBRO ÁS 12:00 H: Representación de “Ñam” da compañía Caramuxo Teatro no Teatro Principal. Peza recomendada para bebés de 0 a 3 anos. Entradas limitadas a 100 persoas.
27 DECEMBRO ÁS 12:00 H: Representación da obra “Bicharada” da compañía Berrobambán no Teatro Principal. Recomendada para nenos entre 3 e 8 anos.
27 DECEMBRO ÁS 20:00 H: Presentación do volume XV da Miscelánea Histórica Cultural que publica o Museo Reimóndez Portela, no Teatro Principal.
28 DECEMBRO ÁS 12:00 H: Representación de “Babs” da compañía Baobab Teatro no Teatro Principal. Dirixida a bebés de 0 a 3 anos.
28 DECEMBRO ÁS 21:00 H: Gala Benéfica organizada pola Asociación de Veteranos do Estradense, a favor de Cáritas no Teatro Principal. Participan os contacontos Celso de Lalín e Cándido Pazó.
29 DECEMBRO ÁS 12:00 H: Representación da obra “Peter Punk e o Neno Imperdible” do clown compostelá Peter Punk no Teatro Principal. Apto para tódolos públicos.
29 DECEMBRO ÁS 21:00 H: Concerto de Fin de Ano a cargo da Coral Polifónica Estradense, a Coral Polifónica de Soutomaior e a Banda Municipal de A Estrada, no Teatro Principal.
30 DECEMBRO Ás 12:00 H: Espectáculo “Magia Potagia” do Mago Romarís no Teatro Principal. Apto para tódolos públicos.
3 XANEIRO ÁS 10:00 H: Obradoiro de títeres impartido pola compañía de Lalín “Títeres Viravolta” na sala Novagaliciabanco, rematará cunha pequeña exhibición aberta a todo o público.
5 XANEIRO ÁS 18:00 H: Cabalgata de Reis, recorrido polas rúas con posterior recepción real na praza do Concello.
O ciclo infantil de teatro terá un prezo inferior o habitual para facilitar o acceso ós espectáculos. As entradas poderán adquirirse una hora antes na billeteira do teatro por un importe de 3€.
Redacción: Iria Eiras






































