A ACOE celebra unha Gala de San Valentín

IMG_6533A asociación de comerciantes de A Estrada, ACOE, celebrou no día de San Valentín unha Gala na Praza do Sol. O principal obxetivo da mesma era conseguir a declaración pública dunha parella para contraer matrimonio durante este ano. Os valentes que así o fixeran recibirían un desconto do 5% en tódolos gastos que lle supuxera o evento nos comercios asociados a ACOE. Pero non puido ser, ninguén se acercou con tal fin o esceario sito o pé do famoso salmón. Mentras se esperaba, a asociación reparteu claveis e piruletas de chocolate entre o público asistente e non faltaron declaracións de amor de parellas de todas as idades, así como de cariño fraternal, filial e paternal. Tamén se agasallou os participantes con vales de compra, se sortearon ceas cos vales recollidos nos comercios asociados e se premiou á mellor foto e vídeo enviados.

Fotografía e Redacción: Iria Eiras

Esta entrada fue publicada en Asociacións, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta