¡A Cabeza non Para! e a programación cultural tampouco

544238_502951829751736_1024706919_nDende hoxe xa están á venda as entradas do espectáculo do «Tonecho» Roberto Vilar «A CABEZA NON PARA», que terá lugar no Teatro Principal da vila o vindeiro sábado ás 21.00 h. O espectáculo, que inicia na Estrada unha xira por toda Galicia, é unha réplica teatral do programa televisivo da TVG «Land Rober»; polo que as gargalladas están practicamente aseguradas.

As entradas, que teñen un prezo de 4,00€, poderán mercarse anticipadamente no Departamento de Cultura do Concello da Estrada.

Deixámosvos aquí o enlace ao Vídeo Promocional do espectáculo.

Por outra banda, dicirvos que xa se despacharon as primeiras 100 localidades para o concerto do cantautor Xoel López, que se celebrará o día 13 de abril ás 22.00 h no Teatro Principal. As entradas poden mercarse ao prezo de 10,00€ no Departamento de Cultura do Concello ou na plataforma de pago www.teatro.aestrada.com.

Redacción: Departamento de Cultura

Esta entrada fue publicada en Cultura, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta