A versión estradense da verdadeira historia de Robinson Crusoe e Venres

IMG_7156A compañía de teatro Bandullo Azul, conformada polos actores estradenses Fran Campos e Fran Ameixeiras, recalará este venres e sábado no Teatro Principal coa representación da obra «A Verdadeira historia de Robinson Crusoe e Venres». Tratase dunha comedia, que baixo a dirección de Evaristo Calvo pretende chegar ao público a través da linguaxe xestual e clown. Os pases terán un aforo limitado ao situar ó público no propio escenario para que non se perdan ningún detalle da representación.

O prezo das entradas é de 5€ e pódense adquirir na billeteira do teatro antes de cada función.

Gravación e Redacción: Iria Eiras

Esta entrada fue publicada en Cultura, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta