O Centro Dramático Galego trae ao Principal a representación de "Días sen gloria"

IMG_4771A obra de Don Roberto Vidal Bolaño, a quen se lle dedican este ano as Letras Galegas, foi presentada polo director do CDG, Don Manuel Guede e o actor Don Manuel Manquiña, acompañados do rexedor estradense, Don Xosé López.

A representación dirixida por Fefa Noia está ambientada no camiño de Santiago e conta con un elenco de 5 actores, Manuel Manquiña, Eva Souto, Borja Fernández, Sergio Zearreta e Felisa Segade, que representan a 25 personaxes.

A función terá lugar o Domingo ás 7 da tarde no Teatro Principal, con un custo de 5€. As entradas poden mercarse dende unha hora antes na billeteira do teatro. O luns haberá un segundo pase ás 11 da mañá dirixido especificamente para alumnos dos institutos estradenses.

Fotografía: Mariana Dono

Gravación e Redacción: Iria Eiras

Esta entrada fue publicada en Cultura, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta