A Festa do Salmón é sempre unha xornada importante para A Estrada, no referente a número de visitantes e polo que este día implica como elemento dinamizador da hostalería local. Por iso mesmo o Concello debe coidar de non trasladar unha imaxe equivocada da nosa vila aos visitantes.
Nesta 40 edición, a hostalería local realizou un notorio esforzo, con gran esmero na elaboración das súas propostas e dispensou unha atención exquisita a todos, a nosa felicitación con todo o respecto polo traballo realizado. Tamén felicitamos ao Dr. Varela Cives, a Javier Otero e Valentín García, estamos seguros que levarán con honra o salmón de ouro que onte lles foi imposto, sabedores do que significa para A Estrada.
Non obstante, neste día despois para evitar que volte a repetirse, é importante poñer sobre a mesa, que a imaxe que recibían os visitantes ao chegar aos xardíns, onde se ubicaba a feira de artesanía, non era para nada a axeitada. O Concello dispón de stans onde poder albergar axeitadamente o traballo dos distintos artesáns, que non foron postos a disposión . Non é apropiado a imaxe coa que marchen os cidadáns que acudiron á 40 Festa do Salmón sexa a de falta de colaboración do Concello con esta actividade que o propio Concello organizaba. Traballos de artesanía expostos encima dos bancos públicos da alameda, plásticos cubrindo a exposición, e improvisación na organización da mostra, era o que se percibía.
“Non parece adecuado tentar darlle ‘parafernalia’ á Festa do Salmón con unha carpa adicada a Photocoll, mentres os artesáns que realzan a festa co seu bo facer non contan coa infraestrutura mínima necesaria. Ademais, xusto non se está á altura do agardado o ano no que a Festa é declarada de interese turístico galego, e só uns días despois de que a Xunta confirme que vai ser máis esixente con este tipo de festas na súa organización. Así o trasladaremos ao goberno so Sr. López Campos na comisión de Organización de esta tarde, para que se corrixa este feito e de cara a outros eventos na rúa poñan a disposición os medios e a infraestrutura coa que xa conta o Concello, non é preciso gastar cartos en adquirila, o Concello xa a posúe”, declarou a portavoz socialista.
PSdeG PSOE de A Estrada
Fotografías: Iria Eiras






































