Os manifestantes polas preferentes e subordinadas de Galicia fixéronse ver e oír na Festa do Salmón

O domingo, aproveitando a repercusión da Festa do Salmón catalogada este ano como de interese turístico autonómico, os afectados polas Preferentes e Subordinadas de Galicia manifestáronse en A Estrada.

Os manifestantes centráronse en reclamarlle ás autoridades que asistiron ao acto protocolario do Pregón e entrega de insignias da Festa do Salmón, a devolución do 100% dos seus aforros. Finalizada a concentración o programa de actos continuou con normalidade.

Fotografías: Mariana Dono

Gravación: Abel Eiras

Redacción: Iria Eiras 

Este luns o rexedor, José López, mostrábase a favor da manifestación pacífica, pero denunciaba haberse sentido acosado por algún dos participantes na concentración que, considera, se están radicalizando. Así mesmo, lamentaba o feito da non comparecencia de representantes políticos do PSOE e do BNG na Gala do Salmón.

Gravación: Abel Eiras e Iria Eiras

Redacción: Iria Eiras

Valoración PSOE presuposto 2013Por parte do PSdeG PSOE de A Estrada mostran o seu respecto pola actitude amosada polas persoas afectadas por preferentes.

Amosan total respecto, ao comportamento das persoas afectadas polas preferentes e subordinadas, que reivindicando na rúa o seu lexítimo dereito a protestar ante a inxustiza que supón o incautamento dos seu aforros e as quitas previstas polo goberno ao respecto, amosaron nesta 40 edición da Festa do Salmón unha lección de corrección co seu comportamento, respectando a importancia da xornada para a hostalería local, así como na súa actitude informativa a veciños e visitantes.

PSdeG PSOE de A Estrada

IMG_4929En canto ao BNG ten claro que estará sempre co pobo, cos que piden a devolución do 100% dos aforros. Consideran que o alcalde debería estar máis preocupado polas consecuencias económicas da perda deses aforros, que polo desenvolvemento protocolario dun evento festivo.

“Nin os preferentistas nin o BNG insultou a ninguén o domingo pasado, absolutamente a ninguén”, afirmou o concelleiro do BNG, Xosé Magariños, que estivo en todo momento apoiando á plataforma da Estrada, así como a outras que viñeron desde distintos puntos de Galiza.

“Entendemos que o alcalde estea nervioso, pero se quere ter a conciencia tranquila debía poñerse do lado dos estafados e estafadas polas partición preferentes, no canto de tapar as vergonzas do seu partido e dos seus deputados, dos que el é responsábel da súa actuación política, como membro que é da executiva provincial do PP”, explicou o concelleiro nacionalista.

O concelleiro do BNG tamén se referiu a non presenza dos seus cargos orgánicos e institucionais nos actos protocolarios organizados polo concello. Neste sentido Magariños indicou que “o BNG tiña claro que de coincidir ambos eventos, como así foi, os nacionalistas estarían co pobo, a pé de rúa, reivindicando e demandando a devolución do 100% dos aforros dos estradenses estafados, que temos que recordar que na Estrada alcanza a cifra de 15 millóns de euros, detrás da cal hai 713 dramas persoais e familiares”.

Xosé Magariños tamén explicou que “o alcalde debería estar máis preocupado polas consecuencias económicas da perda deses aforros, que polo desenvolvemento protocolario dun evento festivo”. “Se eses cartos desaparecen pola decisión política do seu Partido Popular, non estaremos diante de 700 dramas persoais, todos os estradenses sufriremos un verdadeiro drama social, cuxas consecuencias económicas sentiranse máis pronto que tarde”, afirmou o concelleiro do BNG.

Por outra parte, o Portavoz do BNG lembrou que «o BNG está a poñer todos os medios para acadar a solución a este problema, no mes de abril as nosas Deputadas no Congreso ademais de varias preguntas encol da actuación do goberno do PP neste tema, presentaron dúas proposicións de Lei e Non de Lei que serán unha nova oportunidade para que os deputados e deputadas galegas do PP se pronuncien e demostren aos afectados con quen están». Magariños lembrou así mesmo que «aínda está pendente de ditame en Comisión a Moción presentada de urxencia no último Pleno».

BNG de A Estrada

Esta entrada fue publicada en Educación e Sociedade, Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta