O colexio do Foxo organiza o domingo a XVII Festa dos Pereiriños

IMG_9900Nos pasados días a directora do CEIP do Foxo, Rosa Ferreira, acompañada da presidenta da ANPA, Eladía Gañete, e da concelleira de Educación, Amalia Goldar, presentaban o programa da próxima edición da Festa dos Pereiriños que terá lugar este domingo en Curantes, na carballeira de Pousada.

Rosa Ferreira relátanos os orixes da festa a comezos do século XX na que se reunían os rapaces das cinco escolas unitarias da zona, Partemarín, Lamas, Rubín, Olives e Curantes. Fai uns anos foi recuperada por Marisé García, Olimpio Arca e Valentín García e actualmente encargase da organización o CEIP do Foxo en colaboración co concello de A Estrada, a ANPA Alecrín, a agrupación folclórica Abrente e a Fundación Cultural.

O programa desta edición é o seguinte:

11:30 horas: Bombas de palenque, actuación da agrupación Folclórica Abrente, inauguración de exposicións e xogos tradicionais organizados pola ANPA Alecrín.

13:00 horas: Presentación a cargo de Xosé Neira Vilas de “A ra que perdeu o charco” de Anisia Miranda (Edicións Fervenza)

13:15 horas: Pregón a cargo de Gonzalo Valcárcel

14:30 horas: Xantar de Confraternidade

16:30 horas: Actuacións escolares:

– Conto escenificado “Quen pasou por aquí?” (3 a 4 anos)

– Conto escenificado “A tartaruga que quería durmir” (5 anos)

– Recitado de poemas de Rosalía Morlán (1º e 2º)

– Representación da peza teatral “Gallaecia” (3º e 4ª)

– Mimo (5º)

– Son unha pun (6º)

– O autobús (6º)

Fotografía: Mariana Dono

Gravación e Redacción: Iria Eiras

Esta entrada fue publicada en Educación e Sociedade, Festas, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta