Matalobos estrea Bieito Folk na súa tradicional festa na honra a San Benito

IMG_4856

Este ano a festa a San Benito de Matalobos ven cargada de novidades. Para abrir boca o día anterior celebraran o seu primeiro Bieito Folk, acompañado dunha sardiñada gratuita para todos os que se queiran achegar ata o campo da festa da parroquia e, o domingo, a festa grande virá acompañada de polo ao espeto.

A comisión agradece a colaboración dos veciños, as empresas e os particulares que grazas ós seus donativos fixeron posible esta festa, da que nos presentan o programa completo por medio de José e Carina Seoane.

Polo que queda dito: «Se vas a San Benito, vai onde van todos, ao lugar de Santa Baia, na parroquia de Matalobos» ¡¡¡Esperámosvos!!!

Programa das Festas:

Dende o  4 de Xullo ao 12 de Xullo

Novena na honra a San Benito ás 21:30 horas, despois subasta de polos.

Sábado 13 de Xullo

IMG_4826Misa solemne na honra á Virxe dos Milagres ás 12:30 horas

Misa na honra a San Benito ás 21:00 horas

“Bieito Folk” ás 22:00 horas

Sardiñada Gratis

– Actuación dos grupos: Regato de Matamulleres, A Requinta da Laxeira e Ce orquestra Pantasma.

– Servizo de polbo e churrasco a cargo da Pulpería Porta.

Domingo 14 de Xullo “San Benito”

IMG_4833Misas na honra a San Benito ás 9, 10, 11 e 12 da mañá.

Despois das misas tradicional subasta dos polos.

Misa solemne ás 13:30 horas, cantada polo coro de Curantes.

Pasarrúas, procesión e concerto a cargo da Banda Cultural de A Estrada.

A partir das 14:30 horas, comida campestre con polo ao espeto, patacas fritas, mexillóns ó vapor, pan, viño, postre e café con gotas por 10€. Ración para levar para a casa por 5€. Venda anticipada de tíckets ata o 10 de Xullo na Pulpería Porta, A Caldesiña, O Asador de Leo, Bar Paradero, O Café de Xulia e Taberna da Aurora.IMG_4829

Servizo de polbo e churrasco a cargo da Pulpería Porta.

Gran Verbena a partir das 21:00 horas a cargo da Orquestra Espectáculo Ledicia e a eurovisiva Lucía Pérez.

Durante a verbena sorteo dunha bicicleta, un xamón e un lote de conservas en aceite de oliva.

Fogos de artificio a cargo da Pirotecnia Penide.

Fotografía, Gravación e Redacción: Iria Eiras

Esta entrada fue publicada en Festas, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta