O pasado martes nas instalacións do Recreo Cultural de A Estrada tivo lugar unha XORNADA DE AMIZADE E LETRAS que levaron a cabo os CLUBES DE LECTURA do IES Nº1. Un dos Clubes estivo centrado na literatura cinematográfica, outro na narrativa e un terceiro adicado ao Teatro (centrándose este na figura de Roberto Vidal Bolaño e así asemade na creación dunha obra de teatro propia titulada VOCES A CAMBIO DE SINTONÍAS).
O PROGRAMA DESTA XORNADA foi:
1) Con PAN A LETRA TAMÉN VAI ( xantar de amizade)
2) “ A SABER” ( Informe de cada Clube de Lectura)
3) “ PARA NON CAER NA RUTINA” ( VALORACIÓNS DOS CLUBES E ASEMADE PROPOSTAS DE MELLORA PARA O NOVO CURSO.
4) AGASALLOS DE AFECTOS E RECOÑECEMENTO
Os Clubes de Lectura estiveron organizados polo equipo da Biblioteca do IES e así polas profesoras Beatriz Quintela e Pilar Bernardez. O Equipo de Normalización Lingüística, coordenado por David Otero, colaborou tamén nesta proposta que hoxe termina a súa andadura para o Curso 2012-13.
Fotografías: Mariana Dono
Redacción: IES Nº1






































