Bases para a convocatoria do III Premio de Teatro

BASES PARA A CONVOCATORIA DO III PREMIO DE TEATRO

MOME “VARELA BUXÁN”

 O Museo do Moble e da Madeira da Estrada (MOME), comprometido co proceso de creación cultural, convoca o III PREMIO DE TEATRO MOME «VARELA BUXÁ cos obxectivos de:

 -Poñer en valor o MOME como referente na vida cultural estradense e galega.

-Perseverar no cultivo da lingua galega como sinal de identificación e diferenciación    de Galicia e principal patrimonio cultural.

-Contribuír á difusión da nova dramaturxia galega e á divulgación da vida e obra do dramaturgo estradense Manuel Daniel Varela Buxán, o patriarca do teatro galego.

BASES

1-Poderán  concorrer ao Premio todas as persoas que o desexen, de calquera         nacionalidade, con textos inéditos escritos en lingua galega.

2-Os orixinais, que serán presentados por triplicado, terán un eixe temático libre.            Xuntarase unha copia do texto nun CD en formato PDF. Deberán ser remitidos ao               seguinte enderezo: Fundación Cultural da Estrada. Avda. Benito Vigo, 104. CP 36680. A Estrada (Pontevedra). Indicando no sobre, III Premio MOME de Teatro «Várela Buxán».

3-Con cada orixinal, que deberá ser entregado baixo lema, xuntarase en sobre pechado o nome completo, enderezo, teléfono(s), correo electrónico e currículo     do/a autor/a.

4-O prazo de admisión de orixinais pecharase o 23 de agosto do 2013.

5-A dotación económica será de 1.000 euros que se outorgarán indivisiblemente nun     único premio. Asemade entregaráselle ao/á gañador/a un diploma acreditativo. No         caso de que o xurado o estimase oportuno, o Premio podería quedar deserto.

6-O MOME escollerá un xurado de recoñecido prestixio pertencente ao ámbito                teatral galego. O seu ditame será inapelable.

7-Unha vez emitida a resolución do xurado procederase á apertura da plica           gañadora no curso dun acto público na data e lugar que se anunciarán             oportunamente.

8-Entregarase o Premio o 25 de setembro, coincidindo co vixésimo sétimo aniversario do pasamento de Manuel D. Varela Buxán, no transcurso dun acto público a celebrar no    MOME.

9-O MOME resérvase o dereito de publicar a obra premiada, sen apercibimento de         dereitos de autor e compensando aos/ás autores/as con 50 exemplares do volume                que, no seu día, se puidese editar.

10-Os orixinais non premiados poderán ser retirados polos respectivos autores/as           no prazo de trinta días contados a partir da entrega do Premio.

11-A participación nesta convocatoria requirirá a aceptación das normas contidas              nas presentes bases.

Esta entrada fue publicada en Cultura, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta