A senadora socialista, Paula Fernández, presentou na mañá de hoxe, acompañada dos lideres socialistas de A estrada e Forcarei, José Antonio Dono e Ana Doval, as iniciativas que o PSdG ven de presentar no parlamento galego en referencia a problemáticas das pensións dos emigrantes.
Os socialistas galegos acaban de propor ao parlamento unha proposición non de lei, que foi aprobada pola cámara para regularizar a situación dos pensionistas emigrantes retornados e eximilos do pago de sancións.
A proposta socialista reclamaba que os pensionistas sexan axeitadamente informados, un tratamento homoxéneo destes casos en tódalas axencias tributarias, xa que hoxe dan prazos e tratamento diferenciado, que non se cobren os intereses de demora ou sancións económicas e deixar un prazo suficiente para aqueles que teñan que facer fronte aos pagos.
Tamén deron a coñecer as iniciativas presentadas no Congreso dos deputados,onde se presentou tamén unha proposición non de lei similar e que será debatida nas sesións plenarias vindeiras, e as presentadas no parlamento europeo polos eurodeputados socialistas galegos e Andaluces.
Pola súa banda a Senadora socialista tamén anunciou que no senado presentarase tamén iniciativas “na defensa dos galegos e as galegas que están a ser tratados como delincuentes polo Ministerio de facenda”
José Antonio Dono, pola súa banda recordou como os concellos de Tabeirós- Terra de Montes xa iniciaron a súa loita fai meses para obrigar a administración nacional a que adoptara medidas, xermen de todas as iniciativas presentadas agora en todas as cámaras, autonómicas, nacionais, e europeas polos socialistas. Dono dixo que “este é o retrato perfecto do PP, cébase nos emigrantes mentres amnistía aos grandes defraudadores. Machacar ás clases traballadores e guantes de seda cos grandes defraudadores”
Ana doval pola súa banda dixo que o PSdG chegará ata as última consecuencias porque “temos dúbidas que aínda que Feijoo apoiara en Galicia esta proposta que o PP de Madrid faga o mesmo” e asegurou que toda a estrutura do partido traballará para que “esta proposta non quede en papel mollado”. Recalcou que Tabeirós-Montes e Deza temos moitos afectados o que danou a economía local “eses pensionistas deixaron de gastar no pequeno comercio e nas empresas da zona”
Pola súa banda a Senadora, que ao igual que fixeron, Doval e Dono, púxose a disposición da plataforma estradense, anunciou unha campaña informativa na zona do Deza que arrancará ás 12:00 do luns no museo de Lalín, para continuar o martes a mesma hora no Centro Cultural de Rodeiro e xa ás 21:00 h en Agolada. O xoves 19 chegará ao Auditorio de Vila de Cruces ás 21:00 h e o venres 20 se cerrará a esa mesma hora na casa da Cultura de centro de Silleda.
Fernández pena quere así coñecer e apoiar aos afectados para que dean o paso e constituír una gran plataforma cidadá. Segundo a senadora o Ministerio de Facenda está atacando sistematicamente “a un colectivo vulnerable e con poucas posibilidades de defensa, a través dunha campaña perfectamente planificada para facer caixa” e advirteu que xa fixo varias preguntas no senado para coñecer o alcance económico de esta macro operación e poder comparala cos cartos que foron amnistiados as grandes fortunas.
Di a Senadora socialista que “os pensionistas teñen claro que os impostos son para pagarse e queren pagar, pero que a inmensa maioría dos afectados de esta macro operación recaudatoria, non foron informados adecuadamente das súas obrigas, polo tanto existiu dolo da administración”
Di que a situación é tan grave que ao final as cantidades reclamadas, superan, na maior parte dos casos, os ingresos anuais dos pensionistas, e puxo un exemplo real: Unha viúva, con dobre pagador, España e Suíza , cunha pensión total de 12.000 euros ao ano, vese obrigada a abonar nun prazo de entre 12 e 18 meses, os impostos dos últimos catro anos, que coas sancións e os intereses supoñen uns 15.000 euros “Inasumible”
Dixo a senadora que “os emigrantes axudaron a construír este país durante décadas, agora nos toca a nós axudarlles. O goberno debe paralizar este escándalo, informar adecuadamente das obrigacións tributarias a todos e cada uno de los pensionistas e empezar nese momento la recadación, retirando as sanciones e ampliando prazos para facilitar el pago” . Os socialistas reclamaron tamén que debe revisarse os convenios cos países europeos e facilitar os tramites para evitar gastos a maiores de tradutores e notarios, algo que xa foi solicitado na Eurocámara.
Redacción e Fotografía: PSdeG PSOE de A Estrada
Ante o problema que están a sufrir os emigrantes retornados, o alcalde ten que presionar politicamente ao seu partido
O alcalde pode facer máis, non pode escudarse en votar a favor dunha moción
O portavoz municipal do BNG, Xosé Magariños, afirmou esta mañá que “o alcalde da Estrada ten que moverse para que o seu amigo Rajoy e o seu partido poñan enriba da mesa unha solución ao trato inxusto que lles está a proporcionar a Axencia Tributaria a todos os
emigrantes retornados do noso concello”.
O concelleiro nacionalista explicou que “no mes de xullo o pleno do concello aprobou unanimidade unha moción en apoio ás demandas do colectivo de emigrantes retornados, pero cómpre facer máis e o alcalde pode facer máis”. “Estamos ante un problema de enorme envergadura”, explicou Xosé Magariños, “como quedou demostrado no acto organizado polo BNG o pasado día 4 de setembro, onde explicamos perante case cen persoas como afecta esta problemática aos emigrantes retornados que cobran pensións do estranxeiro”.
“Neste sentido”, explicou o portavoz municipal, “o alcalde non pode facer como se aquí non pasara nada e mirar par outro lado como se con el non fora a cousa; o sr. López ten responsabilidades políticas, é militante do PP, e compartiu mesa e mantel con Rajoy”, explicou o concelleiro do BNG.
“Sexa útil aos estradenses emigrantes retornados,” engadiu Magariños, “utilice esa habilidade que lle caracteriza de codearse cos poderosos e presione politicamente para buscar unha solución a esta inxustiza que están a sufrir os nosos emigrantes, que traballaron moi duro, durante moitos anos e lonxe da terra para agora recibir este trato por parte da facenda española”.
Redacción: BNG de A Estrada






































