Programación Cultural de Outono no Teatro Principal

IMG_1191A programación cultural de A Estrada para este outono pretende continuar coa liña dos últimos anos apostando pola diversidade e calidade de actuacións.

A espera de rematar de definir o programa e parroquias que volveran acoller unha campaña máis do Teleclube da Comedia, a programación do Teatro Principal terá unha especial dedicación a actividades dirixidas aos máis cativos, así no lo traslada o edil de cultura, Don Juan Constenla, “cremos que é unha etapa, a infantil, para educar un pouco a súa afección aos teatros e calquera tipo de actividades culturais”.

Nesta liña de programación infantil retomarase o Ciclo Colorín colorado o primeiro sábado de cada mes en horario matinal e o Festival Infantil de Nadal, con unha gran afluencia de público en edicións anteriores, arredor de 200 persoas por función, e que pretende favorecer a conciliación familiar en época de vacacións.

IMG_1214Como novidade este ano terá lugar un Festival de Títeres con formato de campaña escolar e que contará coas mellores compañías do panorama internacional.

En canto a programación para adultos en outubro comezará o Certame de Teatro que acollerá tanto compañías profesionais como de teatro aficionado.

De cara a finais de ano tamén terá cabida a programación musical con agrupacións folclóricas, música galega, clásica e pop.

Dende o concello pretenden dar unha atención especial a colectivos locais otorgándolles unha presenza destacada nos certames.

Listado Programación Cultural Outono no Teatro Principal

Gravación: Adrián Eiras

Redacción e Fotografía: Iria Eiras

Esta entrada fue publicada en Cultura, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta