Segue aberto o prazo para inscribirse na Escola Municipal de Artes Escénicas

teatro1

Segue aberto o prazo para inscribirse no novo curso da Escola Municipal de Artes Escénicas que dará comezo este próximo mes de outubro.

Como cada ano, haberá tres grupos habilitados por idades: Grupo Infantil (+6), Grupo Xuvenil (+10) e Grupo de adultos (+16).

As clases do grupo de adultos comezarán o día 15 de outubro cun «Curso de introdución ás técnicas do contacontos»  impartido por CÁNDIDO PAZÓ, que se desenvolverá en tres teatro4sesións de tres horas de duración durante o mes de outubro. Xa en novembro terá lugar o comezo do curso regular, durante o que está previsto realizar dous obradoiros de voz e improvisación, respectivamente.

As clases dos Grupos infantil e xuvenil comezarán tamén a mediados do mes de outubro e compaxinarán clases de teatro e danza, nunha sesión de 2 hs de duración que se desenvolverá os sábados pola mañá nas dependencias do Teatro Principal.

Os interesados poden anotarse no Departamento de Cultura do Concello ata o próximo venres 4 de Outubro.

Redacción: Escola Municipal de Artes Escénicas

Fotografía: Iria Eiras

Esta entrada fue publicada en Cultura, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta