Este mércores dará comezo o curso de Comunicación nos Servizos Xerais Administrativo, actividade gratuita con diploma acreditativo de formación de 90 horas.
A formación práctica-teórica baséase no proceso da comunicación (oral, expresiva, escrita), a comunicación interna dunha empresa, emprego das TICs co cliente, como resolver conflictos… O papel da comunicación é fundamental para as empresas, sendo un vehículo indispensable para ampliar a carteira de clientes, conseguir a súa fidelización, motivar aos empregados, mellorar a organización do traballo.
O programa formativo do Concello de A Estrada conta coa participación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través do Programa para a Prevención do Abandono Escolar presentado pola entidade local.
Poderán participar persoas maiores de 16 anos de idade e non é imprescindible ter o título da ESO. As clases comezarán o mércores 2 de outubro, de luns a venres en horario de mañá de 9:30 a 13:30 ata o 31 de outubro.
Así no lo explicaba na xornada do luns a edil de Educación Amalia Goldar.
Redacción: Concellería de Educación
Gravación e Fotografía: Iria Eiras






































