Mañá sábado ás 12.30 h dará comezo o novo ciclo de teatro infantil COLORÍN COLORADO organizado polo Departamento de Cultura do Concello da Estrada.
O ciclo comezará coa estrea da obra de títeres O PRÍNCIPE E O PARRULO de EME 2 Producións, unha coprodución entre a compañía compostelá e a compañía vasca GORAKADA TEATRO que terá unha duración aproximada de 50 minutos e un aforo limitado a 100 espectadores. O prezo da entrada será de 3,00 €.
Xa pola tarde, terá lugar o pase da obra DONDE ESTÁ MARCADA LA X unha peza escrita polo Novel estadounidense Eugene O Neill e escenificada pola compañía mexicana de Pavel Ortega. É unha peza de títeres para público maior de 12 anos pertencente ao Festival Internacional de Títeres
«GALICREQUES» que se está a celebrar en Santiago de Compostela durante a primeira
semana de outubro. Unha magnífica oportunidade de visionar un espectáculo que está a xirar por todo o panorama internacional.
O aforo da sala, estará limitado a 100 persoas e o custe da entrada será de 3,00€. A billeteira do teatro abrirá media hora antes da función.
Redacción: Departamento de Cultura






































