Os socialistas depuncian que os Orzamentos xerais do estado 2014, "son as contas do engano, a estafa e a manipulación de datos", Guillermo Meijón, Deputado do PSOE

_DSC0008“Son uns orzamentos socialmente inxustos, que debilitan a comarca, mentres os Alcaldes do PP calan e consenten”, Paula Fernández Pena, Senadora do PSOE

Membros da executiva e do grupo municipal socialista da Estrada e representantes dos grupos municipais da comarca Tabeirós-Terra de Montes reúnense con Guillermo Meijón, Deputado do PSOE, e Paula Fernández Pena, Senadora do PSOE, para analizar os Orzamentos Xerais do Estado 2014 propostos polo Goberno de Mariano Rajoy. No transcurso dunha reunión de traballo estudaron emendas a plantexar.

_DSC0137“Estes orzamentos son fiel reflexo das políticas que ven aplicando o PP, e que conducen ao empobrecemento de toda a sociedade e ao desmantelamento do Estado que está a practicar o Sr. Rajoy dende a súa chegada ao Goberno. Son as contas do ‘engano’ porque van contra calquera tipo de ‘recuperación’, tal e como sosteñen os populares; da ‘estafa’ porque conlevan salarios máis baixos, máis precariedade e menos dereitos, menos inversións en educación, en sanidade, o copago farmacéutico e a devaluación das pensións; e da ‘manipulación’ das cifras”, o que Meijón exemplificou con dous datos: “para o AVE aparecen consignados 354 millóns de euros “pero o problema é que o ano pasado consignaron 496 millóns, o que quere dicir que nunha simple folla de papel perdéronse 142 millóns, e para a Variante da Estrada, colocan 5.000 euros, unha cifra irrisoria a todas luces, co agravante de que son os mesmos 5.000 que non se executaron o ano pasado”

_DSC0023Segundo a Senadora Paula Fernández, “menten cando din que son os orzamentos da ‘recuperación’, o que realmente son é inadmisibles. Recortan autonomía local con menos transferencias aos Concellos e atacan aos veciños con máis recortes en políticas sociais. Os precedentes de anos anteriores amosan que nin son ‘serios’, pois a realidade demostra que non executan o que din –como no caso da Variante da Estrada, a ministra Ana Pastor veu a Estrada a dicir que era unha débeda histórica do Estado cos estradenses e dende que ela é a responsable de fomento non executou nin un só euro deste proxecto-. Nin ‘cribles’, fan o contrario do que din: soben impostos despois de ter dito que non o ían facer, e prorrogan as subidas no tempo; nin ‘viables’ socialmente, pois contemplan una taxa de reposición de unha de cada 10 baixas por xubilación ou retirada entre médicos e profesores. E mentres dende Madrid os gobernantes do PP están a afogar aos veciños, aniquilar dereitos e eliminar inversións, os gobernantes do PP na comarca calan e consenten. Parece que agora a Variante da Estrada para López Campos xa non é tan importante como cando a empregaba para facer oposición contra os gobernos socialistas, unha vez máis deixa ver como os intereses dos veciños non lle importan senón os pode usar electoralmente”

Redacción: PSdeG PSOE de A Estrada

Gravación: Adrián Eiras

Fotografía: Mariana Dono

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta