SUBSTITUCIÓN NO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA
O grupo municipal socialista comunica a renuncia ao cargo de concelleiro e as obrigas derivadas de José Luís Picaño Riveira. Decisión que adopta por motivos laborais, que lle imposibilitan a atención requirida ás funcións propias do cargo.
A efectos de que se proceda á súa substitución, tense comunicado a decisión do compañeiro ao Concello vía rexistro municipal de entrada, agardando se dea conta da mesma no vindeiro Pleno, facéndoa así efectiva, e se inicien os trámites necesarios ante a Xunta Electoral.
O grupo municipal e a agrupación socialista estradense comprenden a decisión adoptada polo compañeiro e fan público o seu agradecemento polo traballo realizado.
Ao longo do seu período como concelleiro, Picaño Riveira, ten demostrado sobradamente ter asumindo a responsabilidade que comporta formar parte da Corporación Municipal coa dedicación necesaria.
Redacción: PSdeG PSOE de A Estrada
Fotografía: Iria Eiras






































