Logo do pleno do pasado xoves, onde a Plataforma de Emigrantes Retornados
da Estrada, expresou as súas inquietudes sobre os problemas que afectan a este colectivo, queremos manifestar que o luns 7 de outubro, ás 20,30h, na sala de exposicións de Caixa Nova da Estrada, temos prevista unha reunión con todos os afectados para analizar os seguintes pasos que tomaremos para conseguir os nosos obxectivos, que motivaron a constitución desta
plataforma de afectados.
Neste sentido, na propia reunión analizaremos as últimas declaracións do alcalde a respecto dunha oficina de asesoramento. Por outra parte, constituiremos unha comisión da Plataforma para reunirse co rexedor municipal ao que lle trasladaremos as nosas propias peticións, que serán moi concretas e claras para dar solución aos nosos problemas, á inxustiza que nos somete a axencia tributaria española.
Na mesma reunión tamén daremos conta aos afectados da constitución da coordinadora galega de emigrantes retornados, que aglutina a todas as plataformas galegas de afectados.
Reiteramos unha vez máis o noso rexeitamento ao tratamento que nos está dispensar a Axencia Tributaria, que por mor dunha decisión política do goberno central, está a aplicarnos unha lei aprobada en 2006, mais non executada até 2013, sen informar, con carácter retroactivo a 5 anos e tratándonos como verdadeiros delincuentes fiscais.
Redacción: Plataforma de Emigrantes Retornados
Fotografía: Iria Eiras






































