Cáritas Parroquial A Estrada inicia, como xa resulta habitual, na súa décimo tercera convocatoria a posta en marcha das actividades e dinámicas lúdicas integradas no Programa Socioeducativo de Educación para o Lecer “Brincando con Rufo”.
Ó igual que en campañas anteriores, o programa dirixido á población infantil do contexto rural do concello, ten previsto desenvolverse en xornadas de fin de semana desde o sábado 19 de ata o domingo 27 de outubro.
Esta iniciativa está dirixida preferentemente a nenas e nenos ata 14 anos. Así os beneficiarios/as poderán participar en diversos xogos cooperativos e dinámicas lúdicas de animación infantil nas cales RUFO ( o Trasno protagonista das actividades ) poñerá a nota dun tempo vinculado fundamentalmente ó lecer e disfrute dos máis cativos/as.
Coa colaboración do Departamento de Servizos Sociais do Concello da Estrada, as propostas lúdicas centraranse nos Locais Sociais das Parroquias estradenses de:
Callobre sábado 19, de 16:00 a 17:30 h da tarde, no Teleclub
Lamas domingo 20, de 16:00 a 17:30 h da tarde, no Local Social
Ouzande sábado 26, de 17:00 a 18:30 h da tarde, no Local Social
Tabeirós domingo 27, de 16:00 a 17:30 h da tarde, no Local Social
Estas parroquias son elexidas como punto de referencia onde poden asistir os/as nenos/as das parroquias máis próximas.
Redacción: Cáritas Parroquial de A Estrada






































