Os Irmandinhos conseguen unha nova victoria no seu segundo amigable da pretemporada

1382043_590388387687878_1757375801_nEste sábado 12 tivo lugar no campo municipal de Figueroa o segundo partido amigable dos Irmandinhos frote o equipo de Pontecedra FG.

Dende os primeiros minutos o equipo local foi superior ó visitante que nada puido facer ante a avalancha Irmandinha que non tivo contemplación algunha ante o recentemente creado equipo pontevedrés que demostrou con algún xogador que en breve van a dar de que falar, só lles falta un pouco máis de rodamento. O que se refire ó equipo local, aproveitaron este amigable para probar as novas incorporacións de xogadores e así que vaian collendo soltura neste deporte. O resultado final foi aplastante de 8,12 (36) – 0,3 (3). Despois do encontro ambos equipos fixeron o tradicional terceiro tempo, firmando así una exitosa xornada gaélica.

Pero o que máis destacan os Irmandinhos foi a calida acollida da súa labor benéfica de recollida de tapóns para o neno de vedra José Manuel, que tildan de éxitosa e recalcan que seguirán con ela en tódolos partidos que xoguen como locais.

A vindeira cita terá lugar o Luns 21 fronte o tamén recentemente creado o Estrela Vermelha de Santiago. Será no campo de Figueroa ás 21:00 H.

Redacción e fotografía: Irmandinhos A Estrada

 

Esta entrada fue publicada en Deportes, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta