A CATEDRAL DE COMPOSTELA

Sen dubida a catedral de Santiago de Compostela (A Coruña) é o monumento máis emblemático de toda Galicia. Alí acoden milleiros de persoas tódolos días para visitar tanto o seu interior coma  o exterior.

Achegándonos a cidade de Compostela e dende case calquera punto da mesma podemos ver as torres da catedral: torre das Campás (Obradoiro), torre Berenguela, da Trinidad ou do reloxo e a torre Norte ou Carraca.

Da catedral de Compostela poderíamos falar centos de verbas: que a ela acoden os peregrinos de todo o mundo en busca de consolo ou favores do Apóstolo Santiago, que foi declarada PATRIMONIO DA HUMANIDADE pola UNESCO no ano 1985 ou que ten un Botafumeiro, incensario, de máis de 60kg. E coma con calquera destes enunciados nos quedariamos curtos, imos a amosarvos fotos, así vos mesmos poderedes xulgar.

 

VISTAS DENDE A ALAMEDA

VISTAS DENDE A ALAMEDA

TORRE DA BERENGUELA

FACHADA DO OBRADOIRO

Con esta primeira entrada, adicada a Compostela, quero agradecerlle a aestradanarede.net a oportunidade de compartir as fotos que vou facendo dos lugares de Galicia que visito. Graciñas.

Redacción e fotografía: Ana Requeijo

Esta entrada fue publicada en Percorrendo Galicia. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta