Os nacionalistas denuncian que "os orzamentos da Xunta como os do Estado pasan de longo pola Estrada"

IMG_8517López é un alcalde submiso e indigno para A Estrada por non ser quen de enfrontarse co seu partido para defender o noso concello.

O consello local do BNG da Estrada reuniuse na noite de onte para analizar os orzamentos da Xunta para 2014. A conclusión á que chegamos, unha vez máis, é que o PP está empeñado en afogar os sectores produtivos da Estrada en particular, e en xeral os de toda Galiza, xa que non hai unha soa partida para a reactivar economicamente os nosos sectores produtivos máis importantes como son o agro-gandeiro e o sector do móbel.

O Partido Popular segue a apostar entidades como a AXEGA, que nada aporta á economía local, fronte aos investimentos na economía real, que é o que vive o 99% da poboación da Estrada, como pode ser reactivar a Cidade do Móbel, que dorme o soño dos xustos desde que o PP goberna a Xunta de Galiza.

Xa non nos sorprende en absoluto o papel submiso do alcalde do noso concello, que no canto de pelexar e criticar abertamente polo tratamento que dá o seu partido á Estrada, limítase a laiarse perante o presidente da Xunta por cuestións que non son da competencia deste (IBI), como aconteceu na súa recente entrevista do rexedor municipal con Feijóo.

O noso concello leva xa seis anos coa lousa dun goberno do PP na Xunta de Galicia que López non quere apartar para non enfadar aos seus, é un alcalde que apenas ten peso na dirección do PP. Unha vez máis demostrase que o concello da Estrada sacrifícase por outras localidades onde os seus alcaldes fan valer os dereitos dos seus veciños; o PP local nunca demostrou que tivese interes nos problemas dos veciños, so lle preocupa quedar ben ante os seus xefes para demostrar que son sumisos a dirección do partido (que poden contar con eles noutro tipo de postos).

López é un alcalde submiso e indigno para A Estrada por non ser quen de enfrontarse co seu partido para defender o noso concello, xa que non estamos a falar só dos orzamentos da Xunta, senón tamén dos do Estado, onde xa o PP demostrar rirse dos estradenses ao orzamentar só 5.000 euros para a Variante.

Redacción: BNG de A Estrada

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta