Este domingo a asociación Solidariedade Galega có Pobo Saharaui e país estradenses de acollida do programa Vacacións en Paz organizaron a terceira edición da comida solidaria có pobo Saharaui.
Nesta ocasión conseguiron reunir a arredor de 300 comensais que se achegaron ata a carpa sita no campo da festa de Couso para compartir este xantar solidario. O recadado irá destinado ao programa Vacacións en Paz e adquirir medicamentos e comida.
A comida foi posible gracias a colaboración de comerciantes que doaron a materia prima do menú e a colaboración do cociñeiro, Albino Bustelo, antigo xerente do Restaurante Gran Vía, e numerosos veciños. Outras empresas tamén aportaron agasallos para sortear e algunha veciña de Santo André de Vea tamén aportou algún detalle como un sombreiro feito a man.
Ademais de veciños tamén quixeron participar no xantar representantes das tres forzas políticas que nos representan no concello e que posteriormente ratificaron o seu apoio ao pobo Saharaui por medio dos seus voceiros Xosé Magariños, Xosé Antonio Dono e Xosé López.
A organización quere agradecer a colaboración desinteresada de todos os que fixeron posible un ano máis a realización deste evento.
Redacción e fotografía: Iria Eiras







































