No punto máis occidental da Península do Barbanza está situado o Faro de Corrubedo. Nun entorno natural formado por rochas e matorral baixo atópase moi cerca do Parque Natural das Dunas de Corrubedo. Construído no ano 1853 por Caledonio Uribe, a súa torre sobresae por encima das rochas uns 9,60 metros.
Nun edificio colindante ó faro, hai unha sirena, que comenzou a funcionar en 1970, debido a que a proximidade doutros faros facían que a sinais recibidas polos barcos fosen confusas. Nese edificio atópanse varias estancias nas cales vivían os encargados do faro.
Como curiosidade, destacaremos a existencia dunha garita de pedra situada diante do mesmo faro. Corrubedo nunca nos deixa impasibles cando imos de visita; sentarse nas rochas a ollar o solpor ou a contemplar as inmensas olas é toda unha ledicia.
Redacción e fotografía: Ana Requeijo.












































