A zona deportiva do novo estadio contará con un parque exterior de 45.000 metros cadrados

IMG_9605O mércores o concello recibiu a resolución da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, na que se notificaba a financiación do 80% do proxecto para un parque exterior na zona deportiva do novo campo de fútbol.

O proxecto de 50.000€, dos cales 40.000 serán asumidos pola Xunta acondicionaran un parque de 45.000 metros cadrados arredor do novo estadio, dos cales 2.500 metros cadrados estarán formados por zonas verdes nun perímetro cerrado sen acceso ao tránsito de vehículos.

IMG_9693Dende o concello apurarase a contratación das obras xa que teñen que estar finalizadas antes do 30 de Decembro.

Na tarde do mércores o alcalde, Xosé López, acompañado do presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán e do tenente de alcalde, Alberte Branco, visitaron as obras da estrada que enlaza a Avd. de Pontevedra coa Rúa da Cultura e comprobaron os avances do estadio de fútbol.

IMG_9795Posteriormente trasladáronse ao concello onde se reuniron con membros da plataforma de pensionistas retornados, como se comprometera o alcalde no pleno do mes outubro, para tratar de buscar unha solución ás multas que se lle están impoñendo dende facenda por non declarar os ingresos destas pensións durante os últimos anos.

Redacción e fotografía: Iria Eiras

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta