Gala de entrega dos Premios San Martiño

IMG_0131A pasada semana o teatro Principal acolleu a XXIII Edición dos Premios San Martiño de normalización lingüística que otorga a Asociación Cultural o Brado.

Nesta ocasión os galardoados nas tres modalidades do premio foron:

– D. Carlos Loureiro Rodríguez có Premio á difusión da lingua na comarca de Tabeirós Terra de Montes, do cal fixo entrega o presidente do Padroado, Don Xosé López Vilariño.

– Asociación PuntoGal có Premio á normalización no ámbito galego, entregado polo alcalde, Don Xosé López Campos.

– D. Benito Montero Prego có Premio á normalización lingüística, entregado polo Fiscal Superior de Galicia, Don Carlos Varela García.

[embedplusvideo height=»388″ width=»640″ editlink=»http://bit.ly/17LMCBd» standard=»http://www.youtube.com/v/bdivb4JJfao?fs=1&hd=1″ vars=»ytid=bdivb4JJfao&width=640&height=388&start=&stop=&rs=w&hd=1&autoplay=0&react=0&chapters=&notes=» id=»ep3130″ /]

IMG_9920A gala foi presentada por Dona Chuz Fernández e amenizada por membros da Agrupación Folclórica Tequexetéldere. No turno de intervencións, ademais dos tres homenaxeados, Dona Lourdes Dono fixo lectura da acta como secretaria do Padroado e pecharon o acto Don Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística, e o alcalde, Don Xosé López.

Os tres premiados foron agasallados con tallas realizadas polo escultor estradense D. Manolo Vilaverde.

Redacción e fotografía: Iria Eiras

Gravación: Adrián Eiras

Compárteo!

Esta entrada fue publicada en Cultura, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta