MUXIA (1ª PARTE): SANTUARIO DA VIRXE DA BARCA. MONUMENTO "A FERIDA"

SANTUARIO DA VIRXE DA BARCA

MONUMENTO » A FERIDA»

02 1062 copia

INTRODUCCIÓN

Miles de romeiros acuden cada ano a Muxía no mes de Setembro. Acuden para venerar a Virxe ao Santuario da Virxe da Barca. Día a día son moitas as persoas que por alí pasamos para visitar unas das paraxes máis impresionantes da Costa da Morte galega. Un faro, un mirador, un monumento adicado os voluntarios que limparon as praias galegas de chapapote e un maxestuoso templo conforman o que para nos é un dos lugares que estando en Galicia non deben deixar de visitarse. Nesta primeira parte da reportaxe imos a falar do santuario e do monumento, deixando o mirador e o faro para outra entrada posterior que faremos en vindeiros días.

SANTUARIO DA VIRXE DA BARCA

02 678 copiaLocalizado na ría de Camariñas, este santuario, o que se accede polo camino denominado CAMIÑO DA PEL, (dende o centro de Muxía), está situado en frente do cabo Vilan e do faro que o coroa.

02 709 copia

E un dos santuarios máis importantes de Galicia, tanto pola devoción dos romeiros coma pola súa antiguedade, tan antigo que as súas orixes perdense no tempo.

02 800 copia

Conta a lenda que a Virxe María veu a este punto de Galicia nun barco de pedra, para darlle animos ó apostolo Santiago na súa labor divulgativa da doutrina de Xesús. Sigue contando que as pedras que  hai diante do santuario son os restos da barca na que viaxaba a virxe. Debaixo dunha rocha apareceu a imaxe da Virxe, dinos a lenda. Os lugareños trasladarona a igrexa do pobo pero misteriosamente desapareceu, sendo achada máis tarde debaixo da mesma rocha na que aparecera.  Foi por isto, polo que se construeu este santuario a pé das rochas e na beira do mar.

02 839 copia  02 875 copia

02 878 copia

02 852 copia

A PEDRA DOS CADRIS, a PEDRA DE ABALAR, a PEDRA DO TIMÓN, a PEDRA DOS NAMORADOS…A cada pedra atribueselle un poder milagroso concreto, sobre todo poderes curativos de diversas doenzas. Deste xeito podemos decir que a PEDRA DOS CADRIS, alivia as dores de riñós, espalda ou cabeza a quen pase nove veces por debaixo dela. Da PEDRA DE ABALAR, que tan coñecida se nos fai pola popular canción: » veño da Virxe da Barca, da Virxe da Barca veño, veño de abala-la pedra, de abalalla pedra veño», contase que a todos aqueles que subidos encima dela e sendo limpos de corazón, a pedra mecerase suavemente emitindo un lixeiro ronquido. Hai outra lenda máis escurantista sobre a PEDRA DE ABALAR, que nos dí que premoniza desgrazas.

02 888 copia

Deixando a un lado as pedras que conforman a lenda do Santuario imos a falar do templo.

Aparece documentada a existencia dunha pequena capilla románica, (1544), adicada a Virxe. No ano 1719 construese o templo actual grazas a fama recollida dos milagros que alí sucedían.  Este templo construeuse grazas as doazóns feitas polos Duques de Maceda, señores das Torres de Cereixo (as súas cinzas repousan no templo, dentro dun sarcófago).  Ten forma de de planta de cruz latina dunha soa nave e é de estilo barroco.

02 925 copia

Na fachada vemos dous torreóns que datan de 1958. No interior hai una imaxe da Virxe, de estilo gótico e un retablo barroco do ano 1717. Nese retablo están representados os doce apóstolos rodeando a Virxe, que esta sobre a barca que a trouxo ata Muxía. A carón do templo está a casa rectoral. Construida por orde de José Fondevila no ano 1828.

02 951 copia

Un campanario con espadaña e un cruceiro completan o Santuario da Virxe da Barca, patrona dos mariñeiros e de todos aqueles que emprendan viaxe en barco. A súa festa celebrase no mes de setembro.

02 923 copia

MONUMENTO «A FERIDA»

02 957 copia

 No entorno do Santuario atopamos o monumento » A Ferida». Obra do escultor Alberto Buñuelos, conmemora o esforzó feito polos voluntarios que limparon as praias galegas do chapapote que o accidente do buque O PRESTIGE (2002). A Costa da Morte quedon asolagada de pecio, e a escultura pretende ser una lembranza a todolos mariñeiros de que estas catástrofes non poden ocurrir. Inaugurda no ano 2003, «A Ferida» simboliza o daño que se lle fixo o mar. Mide 11 metros de alto e pesa arredor de 400 Toneladas, sendo a escultura máis grande de España. Damos fin a esta ampla reportaxe sobre O santuario da Virxe da Barca e o monumento «A Ferida». Nos vindeiros días falaremos máis cousas sobre Muxía: o mirador do Corpiño e o faro da Punta da Barca.

02 1063 copia

Redacción e fotografía: Ana Requeijo.

Esta entrada fue publicada en Percorrendo Galicia. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta