Veciño da Somoza, quen durante máis de dous anos andou perseguido polo monte da comarca, evitando ser capturado polos fascistas e erguendo lendas sobre a súa figura que aínda perviven hoxe, como heroe da resistencia antifranquista e defensor da democracia e do benestar dos traballadores.
Na súa honra, coincidindo co seu aniversario, o vindeiro xoves, ás 20:30, a Asociación Cultural “Vagalumes”, fará público o diario dun fuxido, Manuel Coto Chan <http://www.acvagalumes.org/>, quen acompañou a Carracedo nos seus últimos días e dá conta no seu manuscrito da experiencia da vida no monte durante aqueles anos. Este diario será colocado na web www.tabeirosmontes.com tanto na súa versión transcrita e traducida como no manuscrito orixinal.
O acto celebrarase na sala de exposicións de Novagalicia banco da Estrada e nel estarán presentes membros da familia de Coto e testemuñas daquela época que evocarán a figura de Hixinio Carracedo, Manuel Coto e todos aqueles que naquel momento enfrontaron a
enxurrada totalitaria, sostendo con dignidade exemplar o ideario da liberdade.
O diario de Manuel Coto, titulado polo propio autor “Memorias dun proscrito”, ademais de achegarnos directamente a esta etapa histórica do noso concello, amosaremos un texto de grande valor literario que a través da rede faremos accesíbel, como queda dito, a partir da data indicada.
O vindeiro sábado, ás 11:00 h. Da mañá, faremos unha homenaxe a Hixinio Carracedo na súa parroquia, para o cal convidamos a ofrenda floral a quen queira participar, para logo visitar aqueles lugares nos que se desenvolveron os feitos.
http://www.tabeirosmontes.com/hixinio-carracedo-ruzo-a-caza-do-home.html
Redacción e fotografía: Asociación Cultural Vagalumes






































