O próximo 29 de Novembro chega unha nova mostra de música tradicional galega da man do consagrado grupo Leilía. Os que desexen asistir ao concerto que terá lugar ás 22:00 poden adquirir as entradas en venda anticipada no departamento de Cultura do Concello ou en De Cotío, Santiago de Compostela, a un prezo de 10€.
Continuando coa programación de outono no Teatro Principal o día 5 de Decembro será o turno do trío Vaamonde, Lamas e Romero que realizará un concerto en compaña da Banda Municipal de A Estrada. As entradas poderánse adquirir no departamento de Cultura ou en De Cotío, Santiago, a un prezo de 5€.
Así no lo presentaron Felisa Segade e Montse Rivera, integrantes de Leilía, Amalia goldar, en representación do concello, Suso Vaamonde e Pedro Lamas, do grupo Vaamonde, Lamas e Romero, e Javier Comesaña, director da Banda Municipal da Estrada.
[embedplusvideo height=»388″ width=»640″ editlink=»http://bit.ly/17UKtZx» standard=»http://www.youtube.com/v/n5rBDoEbAdQ?fs=1&hd=1″ vars=»ytid=n5rBDoEbAdQ&width=640&height=388&start=&stop=&rs=w&hd=1&autoplay=0&react=0&chapters=¬es=» id=»ep6983″ /]
Redacción e fotografía: Iria Eiras
Gravación: Adrián Eiras e Iria Eiras



































