O domingo A Estrada converteuse un ano máis no centro da música tradicional galega có Certame Lume na Lareira.
Nesta edición os grupos participantes foron Bico da Balouta (Agolada) , Airiños de Gonzar (O Pino), Leira Buxo (Melide), Os Plateados de Fondós (Leiro), Xirandola (Bandeira), Olegario e Alejandro (Vigo), Gonzalo Valcárcel e Juan Ruibal e Lume na Lareira con 100 voces de coros parroquiais.
Durante preto de tres horas as agrupacións conseguiron entreter a un público entregado coa boa música e có bo humor da organización, que amenizou o acto con cómicas interpretacións teatrais de Juan Ruibal e Gonzalo Valcárcel.
O certame apadriñado por Industrias José Ruibal Bernárdez, Motos Rey Vilariño, Mesón A Vila, Café Alameda, Artesanía Ferradáns, Representaciones Ruibal, A Casa do Queixo (que aportou un queixo para cada agrupación participante), Radio Estrada, Concello de A Estrada e Deputación de Pontevedra, esta última agasallou cun libro aos grupos participantes, contou coa presenza do alcalde estradense, José López, o edil de cultura, Juan Constenla, o presidente da Deputación, Rafael Louzán, o secretario xeral de política lingüística, Valentín García, e a alcaldesa de Forcarei, Belén Cachafeiro, entre outros.
Deixámosvos aquí unhas galerías de fotos de todos os grupos, nos próximos días subiremos tamén un vídeo con unha pequena mostra de todos os participantes.
O Público
Bico da Balouta ( Agolada )
Airiños de Gonzar ( O Pino )
Leira Buxo ( Melide )
Os Plateados de Fondós ( Leiro )
Xirandola ( Bandeira )
Olegario e Alejandro ( Vigo )
Gonzalo Valcárcel e Juan Ruibal
Lume na Lareira con 100 voces
Redacción e Fotografía: Iria Eiras






































