Hoxe péchase a venda de tickets para a Festa dos Callos

Cartel MatalobosEsta noite péchase o prazo para adquirir os tickets para a VIII Festa dos Callos de Matalobos que terá lugar este domingo.

Os tickets pódense adquirir ata o 12 de Decembro no Asador de Leo, Taberna Aurora, Carnicería Coto de Liñares, Café de Xulia, Eureka, Paradero, A Caldesiña e A Esmorga.

Ás 13:30 horas terá lugar a misa cantada pola Coral San Paio onde se entregará o ramo aos novos cofrades. Unha vez rematada a celebración litúrxica, os actos festivos trasladaranse a carpa sita no campo da festa, carpa pechada e ambientada con canóns de calor. Alí amenizará os momentos previos ao xantar o grupo folclórico Tequexetéldere.

A comida está prevista a partir das 14:30 horas, onde se poderá comer callos a fartar polo módico prezo de 10€, os menores de 12 anos, 5 €, e os menores de 5 anos de balde. O menú ademais do prato do día, inclúe pan, viño, postre, café e a cazoa de barro de agasallo. ademais tamén se poderán adquirir racións para levar a 5€.

Para pechar a festa a partir das 17:30 horas comezará unha gran verbena coas orquetras Filadelfia e Aché.

Esta entrada fue publicada en Festas, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta