ILLAS SISARGAS, MALPICA, A CORUÑA

1As illas Sisargas, son un pequeno archipiélago composto por tres illas; Grande, Chica e Malente e por varios islotes coma o Charleu ou o Xoceiro.

Este archipiélago está a un  quilómetro do cabo de Santo Hadrián, en Malpica de Bergantiños.

3 copia

É de singular espectacularidade a Illa Grande, cunha superficie de 1000×600 metros e unha altitude de 107 metros. Habitada ate non fai moitos anos acolle o faro de Santo Hadrián, construído no ano 1853, mailos  restos da ermida de Santa Mariña, derruída na idade media a causa dun ataque normando.

Debido as condicións meteorolóxicas aos que se ve sometida a illa , os árbores alí non proliferan e atopamos cunha illa escarpada e  con numerosos acantilados, aínda que sí podemos ver matorrais baixos. Cabe destacar que é un singular refuxio para as aves mariñas migratorias, que alí atopan boas condicións para reproducirse. Incluso especies en vías de extición se asentaron  Illa Grande.

Para acceder as illas Sisargas podese facer dende o porto de Malpica, en barco, indo preparados para pasar unha xornada en plena natureza.

Redacción e fotografía: Ana Requeijo.

 

Esta entrada fue publicada en Percorrendo Galicia. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta